Ovidio Rodeiro informa que está aberto o prazo para solicitar as axudas para as escolas infantís de iniciativa social, que este ano implantan a gratuidade para segundos fillos e sucesivos
Nesta nova convocatoria as entidades poderán financiar os gastos de persoal, de alimentación e outros conceptos de mantemento ademais de ofrecer prezos similares á rede pública autonómica
O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, visitou a Escola Infantil Rubido Romero, un centro de Educación Infantil de Primeiro Ciclo (0-3 años) con 4 unidades e 63 postos escolares.
No encontro informou que Xunta de Galicia ten aberto o prazo de presentación de solicitudes de axudas dirixidas ao mantemento de escolas infantís de 0 a 3 anos dependentes de Entidades Privadas de Iniciativa Social ( EPIS) para o ano 2020.
Nesta nova convocatoria as entidades poderán financiar os gastos de persoal, de alimentación e outros conceptos de mantemento ademais de ofrecer prezos similares á rede pública autonómica.
A Administración autonómica financia que ao longo de 2020 a atención educativa nas escolas infantís de iniciativa social, do mesmo xeito que as públicas e as privadas, pasen a ser 100% gratuítas para as familias para partir do segundo fillo, este incluído.
Ademais, cada escola infantil poderá obter unha axuda un 5% superior á do ano pasado para dar un novo impulso á calidade do servizo que ofrecen. Isto significa que as escolas infantís con comedor e entre unha e tres aulas recibirán 21.532 euros por clase; aquelas que teñen comedor e entre catro e seis aulas recibirán 20.558 euros por clase; as que teñen comedor e sete ou máis aulas terán 19.572 euros por aula; e aquelas que non teñan comedor recibirán 17.382 euros por aula.
Outra das novidades desta convocatoria é que tamén se facilitará o seu funcionamento mediante o anticipo do 90% da achega, mentres que ata o de agora era do 80%.