A secretaria xeral da Igualdade reúnese con representantes municipais dos concellos de Carral e Cambre

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2020

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuniuse hoxe con representantes municipais dos concellos de Carral e Cambre para coñecer as súas demandas en materia de igualdade e os programas levados a cabo e previstos polas dúas entidades locais neste ámbito.

Ao encontro asistiron a concelleira de Igualdade do Concello de Carral, Mercedes Caridad e a concelleira de Benestar Social do Concello de Cambre, Lúa Sanguiñedo. Tamén estiveron presentes educadores sociais de ambos municipios. Durante a reunión trasladáronlle á secretaria xeral que teñen previsto poñer en marcha un Centro de Información á Muller (CIM) agrupado entre os dous concellos.

Imaxes relacionadas