A conselleira de Política Social estivo acompañada do alcalde da localidade lucense

Fabiola García visita os servizos de conciliación e de atención aos maiores de Sober

Destaca que as persoas maiores deste municipio poden elixir onde pasar esta etapa das súa vidas

Sober (Lugo), 17 de febreiro de 2020

A conselleira de Política Social, Fabiola García, reuniuse esta mañá co alcalde de Sober, Luis Fernández, para coñecer de primeira man os servizos de conciliación de atención aos maiores da localidade lucense. Durante a súa visita, achegouse ata a residencia de maiores, onde a Xunta financia 17 das súas prazas, e ao punto de atención á infancia.

A conselleira sinalou que Sober é un exemplo de atención aos maiores xa que as súas veciñas e veciños contan coa posibilidade de elixir onde queren pasar esta etapa das súas vidas, ben nas súas casas ou nun punto de atención aos maiores.

Así mesmo, Fabiola García destacou a importancia de que as distintas administracións colaboren e manteñan un contacto constante para poder impulsar medidas conxuntas e mellorar así a calidade de vida dos seus cidadáns.

Imaxes relacionadas