Activo un incendio forestal no concello coruñés de Ortigueira, parroquia de Couzadoiro

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2020

A Consellería do Medio Rural informa dun lume activo no concello coruñés de Ortigueira, parroquia de Couzadoiro.

O incendio comezou onte ás 23,20 h. da noite e permanece activo arestora. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 20 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No seu control levan traballado 4 axentes, 12 brigadas e 7 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural