Román Rodríguez salienta o legado cultural da Banda de Silleda na presentación dunha publicación sobre a súa historia

O conselleiro de Cultura e Turismo destacou a importancia destas agrupacións e da música popular na difusión da tradición e a cultura galega

Silleda, 15 de febreiro de 2020

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, salientou o legado cultural da banda de Silleda na presentación do libro Silleda, paixón pola banda. Historia da banda de música municipal, do escritor e catedrático Perfecto Pereiro.

O responsable de Cultura e Turismo da Xunta destacou o papel referencial desta agrupación con máis de 130 anos de historia e que na actualidade conta con máis de 400 socios. Neste sentido, puxo en valor a importancia das bandas e da música popular na difusión da tradición e a cultura da nosa Comunidade.

Román Rodríguez subliñou que Galicia é unha potencia bandística de primeiro nivel e puxo en valor o traballo dos conservatorios e escolas de música. Precisamente, a presentación deste volume tivo lugar na Escola de Música de Silleda e no marco do acto descubriuse unha placa en homenaxe a esta institución.

Imaxes relacionadas