Política Social participa nun encontro organizado pola Asociación Galega de Maiores, Xubilados e Pensionistas

Vigo, 15 de febreiro de 2020

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, participou hoxe no encontro de maiores organizado pola Asociación Galega de Persoas Maiores, Xubilados e Pensionistas (Asogapen). Alí destacou a importancia dunha Galicia que acolla cada vez mellor aos seus maiores.

Ildefonso de la Campa destacou o traballo desta entidade na defensa dos intereses das galegas e galegos de máis idade, e tamén por axudalas a desfrutar en plenitude desta etapa das súas vidas. Por último, o director xeral defendeu a participación activa da xente maior en todos os ámbitos da sociedade, para que continúan a achegar as súas experiencias e o seu coñecemento ás xeracións máis novas.