A Xunta destaca a importancia das persoas voluntarias no programa de deporte e ocio Special Olympics
2020-02-15
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2020/Febreiro/semana-03/200215 specialolympics 01a.jpg
Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2020
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, destacou hoxe a importancia das persoas voluntarias no programa de deporte e ocio Special Olympics. Fíxoo na celebración das XIII Xornadas de técnicos, deportistas e voluntarios organizadas pola organización.
Neste encontro, Cristina Pichel subliñou a relevancia da formación para prestar unha atención axeitada ás persoas con discapacidade e aos seus familiares. Tamén gabou o labor dos profesionais, así como o afán de superación dos deportistas de Special Olympics.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade