Miranda salienta o traballo a prol do retorno dos galegos do exterior que está a levar a cabo a Asociación de Retornados Ulla-Umia

O secretario xeral da Emigración mantén un encontro co presidente da entidade, Celso Domínguez Búa, e outros membros da xunta directiva

Destaca o importante labor de asesoramento e información que están a desenvolver en colaboración co departamento autonómico

Santiago, 10 de febreiro de 2020

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, vén de manter un encontro de traballo coa directiva da Asociación de Emigrantes Retornados Ulla-Umia (AERU), encabezada polo seu presidente Celso Domínguez Búa. Unha xuntanza que permitiu poñer en valor o servizo que está a prestar a entidade aos emigrantes que regresan á comunidade

Neste sentido, e como lembrou Miranda, a través dun acordo coa propia Secretaría Xeral, o colectivo –asentado no concello pontevedrés de Caldas de Reis-, ten activo un servizo de asesoramento a todos os galegos que volven a Galicia, aportando a información necesaria no labor de seguimento dos emigrantes e o seus descendentes.

Cada vez máis retornados novos

“Esta colaboración cobra especial relevancia nun momento no que as cifras de retorno a Galicia marcan unha clara tendenza á alza que só en 2018 arroxou uns datos de regreso á comunidade de máis de 7.000 galegos”, salientou Miranda, quen puxo en valor que máis do 80% destes retornados teñen menos de 65 anos.

Ademais, máis da metade, 3.742, teñen menos de 45 anos, o que significa, expuxo o secretario xeral, que “cada vez máis xente nova convirte en realidade o seu desexo de volver á terra, e o noso de recibilos”.

Imaxes relacionadas