A Xunta remítelle ao Concello do Barco de Valdeorras o proxecto para a humanización da avenida do Bierzo, na estrada OU-622
Esta actuación, cun orzamento de máis de 780.000 euros, conta cun prazo de execución duns 8 meses
Os traballos centraranse no acondicionamento e na mellora de seguridade viaria do treito desta estrada autonómica, entre os puntos quilométricos 0 e o 0+655
A intervención inclúe unha mellora da accesibilidade nas pontes do inicio da vía
O proxecto tamén contempla o incremento da anchura das beirarrúas e a rehabilitación da capa de rodadura
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de remitirlle ao Concello do Barco de Valdeorras o proxecto de construción para a humanización da Avenida do Bierzo.
Esta actuación, cun orzamento de máis de 780.000 euros, conta cun prazo de execución duns 8 meses.
O principal obxectivo dos traballos é a mellora de seguridade viaria desta avenida que coincide coa estrada autonómica OU-622, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 0 e o 0+655.
O proxecto recolle as obras necesarias para a renovación desta avenida, ao seu paso polo núcleo urbano do Barco de Valdeorras, en especial no que respecta á mellora da accesibilidade e das infraestruturas na zona.
A intervención inclúe unha mellora da accesibilidade nas pontes existentes no inicio da OU-622, salvando a vía ferroviaria e o río Cigüeño.
No punto quilométrico 0+220 realizarase un cambio de sentido e elevarase o paso de peóns situado diante do colexio, no punto 0+380.
Tamén se incrementará a anchura das dúas beirarrúas e se rehabilitará e mellorará a capa de firme do tramo obxecto das actuacións.
Ademais inclúense a disposición dunha rede separativa de saneamento e a renovación dos sumidoiros e a súa conexión cos colectores proxectados.