Anxo M. Lorenzo e os directores das bibliotecas da Xunta reúnense para avanzar na programación de 2020

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2020

O director de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, e os directores das Bibliotecas Públicas de Galicia xestionadas pola Xunta mantiveron hoxe unha reunión na Cidade da Cultura para avanzar nas principais liñas estratéxicas e na programación deste ano, así como para avaliar as actuacións realizadas en 2019. Ademais de estudar as novas necesidades de persoal e o reparto orzamentario, os integrantes na mesa de traballo tiveron a oportunidade de afondar na xestión dos clubs de lectura ou de informar sobre o estado do Premio Novela Europea Casino de Santiago, que impulsa a Asociación Cultural Casino de Santiago e cuxos finalistas son Enric Vuillard, Paolo Giordano, Tatiana Tibuleac, Luis Landero e Pedro Feijoo.

Imaxes relacionadas