O presidente da Xunta participou esta tarde na presentación do libro 'La cocina popular gallega', de Javier Ozores Marchesi

Feijóo reivindica a cociña popular galega como unha proba máis de que Galicia conta cunha cultura comunitaria e participativa, na que cada xeración agrega aspectos enriquecedores

A Coruña, 3 de febreiro de 2020

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou hoxe a cociña popular galega como unha proba máis de que Galicia conta cunha cultura comunitaria e participativa na que cada xeración agrega aspectos enriquecedores.

Fíxoo durante a presentación do libro La cocina popular gallega, de Javier Ozores Marchesi, un exemplo da identidade gastronómica como un indicativo indubidable da fortaleza da identidade cultural, pois un pobo que abandona a cociña e a comida entendidas como rutina, para aportar creatividade e esmero na mesa, é un pobo orgulloso de si mesmo e do seu lugar no mundo.

Na cociña popular que Javier Ozores trae neste libro están os ecos dun pobo que teima por facerse presente en todos os tempos e en todas as manifestacións da cultura. Deste xeito, se ben hai unha cultura que se observa, que se le, que se escoita, que se viste e que se desgusta, non é frecuente que unha comunidade as teña todas, como é o caso de Galicia. 

Imaxes relacionadas