A Xunta adxudica a redacción do estudo de alternativas para mellorar o abastecemento nos concellos de Ribadeo e Trabada
O Goberno galego cumpre así o compromiso adquirido recentemente con estes dous municipios da comarca da Mariña
A Xunta e os concellos de Ribadeo e Trabada acordaran impulsar conxuntamente unha solución aos problemas de abastecemento, co cofinanciamento tamén da Deputación provincial de Lugo e a Confederación Hidrográfica do Cantábrico
O estudo adxudicado determinará as actuacións necesarias para poñer á disposición dos veciños un servizo de abastecemento axeitado
A Xunta adxudica a redacción do estudo de alternativas para mellorar o abastecemento nos concellos de Ribadeo e Trabada.
O Goberno galego cumpre así o seu compromiso, tal e como lle trasladara a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, aos rexedores destes municipios.
Cómpre lembrar que a Xunta e os concellos de Ribadeo e de Trabada acordaron recentemente impulsar conxuntamente unha solución ao problema de abastecemento de ambos os dous municipios, co cofinanciamento, tamén, da Deputación provincial de Lugo e a Confederación Hidrográfica do Cantábrico.
O estudo, que levará a cabo a empresa adxudicataria IDOM, Consulting Engineering Architecture, SAU, analizará a substitución da condución de abastecemento actual, que se atopa nun estado deficiente, por un sistema eficiente e tecnicamente viable.
As redes municipais de abastecemento de auga deste concellos presentan graves deterioros, polo que este proxecto arroxará as actuacións necesarias para solucionar estas carencias e poñer á disposición dos veciños un servizo axeitado ás súas necesidades.