A secretaria xeral da Igualdade reúnese coa Asociación de Empresarios de Mediana e Pequena Empresa de Pontevedra

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2020

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo esta mañá unha xuntanza de traballo coa vicepresidenta da Asociación de Empresarios de Mediana e Pequena Empresa da provincia de Pontevedra (AEMPE), Concepción Pereiro, e co seu tesoureiro, Hermenegildo Rodríguez.

Na xuntanza, falaron sobre o Edugal, o Salón de oferta de educación e formación de Galicia, do que AEMPE é parte organizadora. A secretaria xeral da Igualdade destacou a importancia de usar este tipo de eventos para poñer en valor ás mulleres referentes no ámbito da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería ou as matemáticas, co obxectivo de impulsar o talento e a innovación entre as xeracións máis novas.

Imaxes relacionadas