Fabiola García celebra o centenario de Virginia Santiago, usuaria da residencia de Volta do Castro en Santiago

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2020

A conselleira de Política Social, Fabiola García, participou esta mañá, na residencia compostelá Volta do Castro, na celebración do aniversario de Virginia Santiago, usuaria deste centro residencial da Xunta e que hoxe cumpre cen anos. No acto, familiares, persoal do centro, residentes e a conselleira renderon homenaxe a Virginia en recoñecemento a unha longa vida de esforzo e dedicación.

A Xunta de Galicia seguirá apostando neste 2020 polas persoas maiores, para que, ao igual que Virginia, poidan pasar esta etapa das súas vidas contando co apoio e coidados que precisan. Nesta liña, vén de incrementar nun 5%, ata os 450 millóns de euros, o orzamento destinado á atención aos maiores e ás persoas con discapacidade neste exercicio.

Imaxes relacionadas