A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, asistiu esta mañá ao acto de celebración

Política Social felicita ao punto de atención á infancia de Outes polos seus 15 anos de traxectoria

A Xunta de Galicia colabora co mantemento do servizo, para o que no ano 2019 destinou 9200 euros

Este servizo conta con 37 nenas e nenos usuarias de 0 a 3 anos
 

Outes (A Coruña), 15 de xaneiro de 2020

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, asistiu esta mañá ao 15 aniversario do Punto de Atención á Infancia (PAI) de Outes. Alí felicitou ao centro pola súa ampla traxectoria coidando ás máis pequenas e pequenos da zona.

A Xunta de Galicia colabora co mantemento do servizo, para o que no ano 2019 destinou 9.200 euros. A unidade conta con 37 nenas e nenos usuarios de 0 a 3 anos que acoden en distintos horarios de mañá e de tarde.

A directora xeral destacou o compromiso da Administración autonómica coa posta a disposición de diferentes servizos de conciliación para todas as familias galegas. Un compromiso que, lembrou, se pon de manifesto coa gratuidade, a partir do 1 de abril, da educación infantil de 0 a 3 anos para os segundos fillos e sucesivos naqueles centros públicos de titularidade autonómicas, as escolas privadas e as de iniciativa social.

Unha medida que se estenderá a partir do vindeiro curso 2020-2021 ás escolas infantís que dependen dos Concellos, sempre que as entidades locais en cuestión estea ao día no pagamento que lle corresponde polos servizos de escolas infantís e centros de día do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
 

Imaxes relacionadas