Yuval Noah Harari faise coa VI edición do Premio Bento Spinoza de ensaio

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2020

O autor israelita Yuval Noah Harari fíxose coa VI edición do Premio Bento Spinoza pola obra De animales a deuses. Breve historia da humanidade. O ditame do xurado, conformado por alumnado dos IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago, Ramón Otero Pedrayo de Ourense, Ánxel Fole de Lugo, Plurilingüe Pintor Colmeiro de Silleda e Antón Fraguas de Santiago, deuse a coñecer hoxe nunha rolda de prensa que contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, en representación da Xunta.

A obra impúxose a outros tres ensaios: Historia das historias de Galicia, de Isidro Dubert; Derradeiras testemuñas, de Svetlana Alexiévich, e Estudos do malestar. Políticas da autenticidade nas sociedades contemporáneas de José Luis Pardo. O premio, convocado polo compostelán IES Plurilingüe Rosalía de Castro, réndelle tributo ao filósofo neerlandés de orixe sefardí hispano-portugués, herdeiro crítico do cartesianismo e considerado canda Descartes e Leibniz un dos tres grandes racionalistas da filosofía do s. XVII. E toma o seu nome porque Spinoza, ao nacer, en Ámsterdam, foi inscrito co antropónimo galego e portugués Bento, ambas as dúas linguas empregadas no ámbito familiar do autor.

Imaxes relacionadas