Marisol Díaz Mouteira despídese do ata de agora xefe da Comandancia da Garda Civil en Ourense, o coronel Manuel Novo Colldefors

Ourense, 13 de xaneiro de 2020

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu esta mañá no seu despacho ao coronel Manuel Novo Colldefors, que se despide como xefe da Comandancia da Garda Civil na provincia ourensá, despois de máis de oito anos no cargo. Díaz Mouteira agradeceulle a Novo Colldefors a súa dedicación e entrega durante o tempo que prestou servizo en Ourense, amais de lle desexar moitos éxitos no seu futuro destino.

Imaxes relacionadas