O proxecto da estación de autobuses intermodal de Ourense foi aprobado pola Comisión superior de urbanismo de Galicia, da que forma parte o Colexio de Arquitectos

Sinalar que está acordado co Ministerio de Fomento e o Concello e incorpora os cambios solicitados pola entidade colexial

Tamén está acordado co equipo de Norman Foster, responsable do deseño de remodelación da terminal ferroviaria e integración urbana

Sorprende que o Colexio de Arquitectos de Ourense promova manifestacións en contra dun proxecto que contribuíu a elaborar e que se modificou en relación co centro de saúde cun cambio dos accesos e unha barreira vexetal

A maioría dos autobuses que entran e saen da actual estación xa pasan por diante do centro de saúde, polo que a construción da nova infraestrutura non suporá unha maior afección

O Goberno galego está a investir 9 millóns de euros na estación de autobuses e no aparcadoiro subterráneo, que executa Adif

A nova terminal suporá unha mellora substancial para a mobilidade da cidade e da provincia de Ourense, facilitando o acceso ao transporte público para milleiros de persoas

Cómpre que o Ministerio de Fomento se comprometa coa remodelación ferroviaria de acordo co proxecto previsto e que aclare canto antes a data prevista para o remate das obras do AVE a Galicia

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2020

A Xunta lembra que o proxecto da estación de autobuses intermodal de Ourense foi aprobado pola Comisión superior de Urbanismo da que forma parte o Colexio de Arquitectos. O proxecto é froito dun acordo entre a Administración autonómica, o Ministerio de Fomento e o Concello.

Ese proxecto someteuse a un proceso de información pública e incorporou a maior parte das alegacións presentadas, principalmente, polo Colexio de Arquitectos de Ourense, que forma parte do Colexio de Arquitectos de Galicia.

Ademais, este proxecto está acordado co equipo de arquitectos de Norman Foster, responsable do deseño de remodelación da terminal ferroviaria e de integración urbana.

Sorprendente que o Colexio de Arquitectos de Ourense estea a manifestarse en contra dun proxecto que contribuíu a elaborar.

Precisamente, unha das modificacións introducidas no proxecto en acordo co Colexio de Arquitectos foi a relación co centro de saúde colindante, que se protexeu mediante un cambio dos accesos previstos e a través dunha barreira vexetal.

Ademais, a maioría dos autobuses que entran e saen da actual estación xa pasan por diante do centro de saúde, polo que a construción da nova infraestrutura non suporá unha maior afección.

O Goberno galego está a investir 9 millóns de euros na estación de autobuses intermodal de Ourense e no aparcadoiro subterráneo que executa Adif.

Esta infraestrutura vai a supoñer unha mellora substancial para a mobilidade da cidade e da provincia de Ourense, facilitando o acceso ao transporte público para milleiros de persoas.

A Xunta agarda que o Ministerio de Fomento se comprometa plenamente e cun cronograma, coa remodelación ferroviaria e coa integración urbana de acordo co proxecto previsto. Ese conxunto permitirá aproveitar ao máximo o potencial da estación intermodal de Ourense e suporá unha importante mellora para a configuración da cidade ao superar a barreira entre os barrios da Ponte e do Vinteún.

Ademais, solicita que o Ministerio de Fomento que aclare canto antes a data prevista para o remate das obras do AVE a Galicia.