Controlado un incendio forestal no concello lugués do Incio, parroquia de San Salvador do Mao

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de 29,8 hectáreas 

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2020

A Consellería do Medio Rural informa dun lume controlado no concello lugués do Incio, parroquia de San Salvador do Mao.

O incendio comezou onte ás 18,07 h. da tarde e quedou controlado esta madrugada ás 4,00 h. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é de 29,8 hectáreas, das cales 23,8 son de monte raso e 6 de arborado. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Na súa extinción levan traballado 3 axentes, 8 brigadas e 3 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.