NEGOCIACIÓN COLECTIVA

Mesa xeral de negociación de funcionarios públicos

Mesa Xeral de Negociación de Funcionarios Públicos (funcionarios da Xunta de Galicia, funcionarios docentes non universitarios da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, persoal funcionario de Xustiza e estatutarios do Servizo Galego de Saúde).

Mesas sectoriais

As mesas sectoriais dependentes da mesa xeral de negociación de funcionarios Públicos, de creación convencional son os seguintes:

  • De funcionarios públicos da administración da Xunta de Galicia (inclúe tamén aos funcionarios dos seus organismos autónomos).
  • Do persoal de Xustiza.
  • Do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.
  • Do persoal docente non universitario da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 Os acordos, de ser o caso, son aprobados na Comisión de Persoal da Xunta de Galicia. Este é un órgano composto polos secretarios xerais das distintas consellerias ou centros directivos da Xunta de Galicia e un membro por cada unha das organizacións sindicais con presenza na mesa xeral de negociación de empregados públicos (CIG, CCOO, UGT e CSI-CSIF), presidida polo conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.