Avisos

Ten dispoñibles para consulta 107 avisos:
Modificación da xornada dos días 13 e 14 de febreiro de 2018

Con motivo da celebración das festas do Entroido, modifícase a xornada dos vindeiros días 13 e 14 de febreiro para os/as empregados/as públicos/as da Xunta de Galicia.

Inclusión nas listas de contratación 2017

Listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Contratación temporal

Publicación da apertura de listas IV-033 e V-014

O Diario Oficial de Galicia fixo pública a Resolución do 12 de decembro de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que, de conformidade co disposto no artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, se acorda a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia correspondente a determinados grupos e categoría.

Contratación temporal

Inclusión nas listas de contratación - 2017

O Diario Oficial de Galicia fixo pública a Resolución do 13 de novembro de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, regulado no Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

Contratación temporal

Nota informativa sobre o horario de verán 2017

Horario de verán, período de aplicación do 16 de xuño a 15 de setembro (ambos os dous inclusive).

Organización do traballo

Publicación das listas definitivas da actualización de méritos

O Diario Oficial de Galicia fixo pública a Resolución do 24 de maio de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2016 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Contratación temporal

Publicación das listas definitivas de admitidos e excluídos: Grupo III-categoría 014 e Grupo V-categoría 001

O Diario Oficial de Galicia fixo pública a Resolución do 24 de maio de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas, reguladas no Decreto 37/2006, do 2 de marzo, modificado polo Decreto 124/2016, do 19 de setembro, para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia de determinados grupos e categorías.

Contratación temporal

Resultados das probas físicas e visuais - ano 2017

No portal web da Consellería do Medio Rural pódense consultar os resultados das probas físicas e de agudeza visual dos integrantes das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, modificado polo Decreto 124/2016, do 8 de setembro, correspondentes a determinadas categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga, convocadas pola Resolución do 23 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural (DOG núm. 64 do 31 de marzo de 2017).

Contratación temporal