Publícase a previsión das datas e lugares nos que está previsto celebrar os primeiros exercicios dos procesos selectivos que non puideron desenvolverse regularmente como consecuencia da pandemia ocasionada pola COVID-19

18/02/2021

A Disposición Adicional Segunda da Lei 4/2021, de medidas fiscais e administrativas publicada no DOG núm. 19, do 29 de xaneiro, faculta ao titular da consellería competente en materia de Función Pública para establecer medidas especiais en materia de procesos selectivos ou de provisión derivadas da situación de emerxencia sanitaria.

Froito de dita habilitación, publícase a previsión das datas e lugares nos que está previsto celebrar os primeiros exercicios dos procesos selectivos que non puideron desenvolverse regularmente como consecuencia da pandemia ocasionada pola COVID-19.

O 14 de marzo de 2021 está previsto comezar coa realización dos seguintes procesos selectivos:

OEP

Proceso
selectivo

Prazas
convocadas

Data do 1º
exercicio

Hora de
chamamento

Lugar

Pavillón

2018 A2 Fisioterapia 10 14/3/2021 9.00 Silleda 1
2018 A2 Terapia Ocupacional 48 14/3/2021 9.00 Silleda 2
2017 II-020 Terapeuta Ocupacional 2 14/3/2021 9.00 Silleda 2
2018 A2 Enfermería 69 14/3/2021 16.30 Silleda 1 e 2
 
Unha semana antes da celebración de cada proceso selectivo, todas as persoas aspirantes poderán comprobar na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública tanto o día de celebración do seu exercicio, a hora de chamada, a sede, o pavillón (1 ou 2) de cada sede e a porta pola que serán chamadas. 
 
A celebración dos devanditos procesos conta coa autorización provisional da Dirección Xeral de Saúde Pública que deberá ser confirmada pola autoridade sanitaria, en función da evolución epidemiolóxica da pandemia. A confirmación será solicitada pola DXFP dez días antes da súa celebración.

Procesos selectivos