Publícase a nova instrución para a aplicación dos complementos de incapacidade temporal

05/08/2015

Vén de publicarse neste portal a Instrución do 21 de xullo de 2015 para a aplicación dos complementos de incapacidade temporal debida a continxencias profesionais e comúns, e nas situacións de maternidade, paternidade, risco durante o embarazo e risco durante a lactación natural para adaptalas á Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia.

Esta instrución ten por obxectivo unificar os criterios de actuación dos distintos órganos da Administración da Comunidade Autónoma competente para a tramitación das nóminas ao persoal dependente deles. Esta instrución substitúe a de 7 de maio de 2012 para adaptala á nova regulación.

En concreto, a instrución ten en conta:

Permisos e licenzas