Instrucións das tomas de posesión e cesamento do concurso de administración xeral e das adxudicacións definitivas do persoal de novo ingreso

25/03/2014

O vindeiro 31 de marzo de 2014 publicaranse as disposicións polas que se abren os prazos posesorios (cesamento e tomas de posesión) das adxudicacións derivadas do concurso de administración xeral (F01/13) e das adxudicacións definitivas ao persoal de novo ingreso do corpo de xestión (A2) e do corpo administrativo (C1) da Xunta de Galicia.

Todos os/as empregados/as que cambien de posto de traballo por algún dos motivos sinalados e teñan concedida algún tipo de flexibilidade, manterán o seu horario flexible, sen prexuízo da súa revisión por necesidades do servizo. A tal efecto, a unidade de xestión de persoal, da consellería ou organismo onde vaia a prestar servizos o empregado público, deberá comunicar ao centro directivo de que dependa o posto adxudicado, o horario asignado ao traballador ou traballadora, co fin de valorar a súa incidencia nas necesidades do servizo.

O día do cesamento será o día seguinte ao da publicación no DOG da disposición do órgano competente, e o prazo de toma de posesión (3 días ou 7 días hábiles) comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento.

Procesos selectivos