Regulación do goce fraccionado da excedencia por coidado de fillos/as e familiares

27/12/2013

Tanto a excedencia por coidado de fillo/a menor de tres anos como a excedencia por coidado de familiares poderá gozarse de forma fraccionada, sempre dentro do prazo máximo establecido para o persoal funcionario polo artigo 57.4 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da Función Pública de Galicia, e para o persoal laboral no artigo 24.1 e 2 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Este gozo poderá realizarse en períodos mínimos de 1 mes, debendo transcorrer a lo menos 1 mes desde o reingreso do anterior período ata o inicio do seguinte, e nestes casos, non se autorizará o reingreso nos períodos en que no exista actividade no centro de traballo onde se está a prestar servizos logo do informe da consellería de destino.

O período de excedencia será único por suxeito causante, polo que non será posible continuar na dita situación, despois de esgotar o período máximo, agás que se declare como consecuencia do coidado dun novo suxeito causante.

Documentos relacionados

Permisos e licenzas