Atriga

A aplicación móbil da Axencia Tributaria de Galicia ofrece a posibilidade de acceder a diversos servizos, algúns con acceso libre e outros mediante identificación da persoa usuaria. 

Coa app da Atriga, e sen necesidade de identificarse, é posible:

  • Pagar taxas, prezos, multas e sancións a través de tarxeta bancaria ou de Bizum
  • Consultar as oficinas de presentación da Atriga
  • Consultar as entidades bancarias colaboradoras na recadación
  • Verificar documentos por CSV (código seguro de verificación), introducindo os datos de referencia ou escaneando o código de barras do documento
  • Solicitar citas, modificalas e anulalas

Se se accede mediante identificación da persoa usuaria (xa sexa mediante Chave365, certificado electrónico ou DNI electrónico) a aplicación permite realizar xestións como: 

  • Pagar multas e sancións, non só mediante tarxeta bancaria ou Bizum, como co acceso libre, senón que tamén se poden pagar mediante cargo en conta ou con NRC en entidades colaboradoras ou Correos mediante xiro postal
  • Consultar e pagar débedas notificadas pola Atriga en período voluntario a través de: tarxeta bancaria, Bizum, cargo en conta ou con NRC en entidades colaboradoras ou Correos mediante xiro postal
  • Obter certificados de estar ao corrente de débedas coa Xunta e de ser ou non declarante do imposto sobre o patrimonio

Descarga