Alertas Issga

Aplicación do Issga para informar e sensibilizar sobre boas prácticas en prevención de riscos laborais a través dun xogo de test.

O obxectivo desta ferramenta do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia é achegarlles ás persoas traballadoras contidos técnicos de calidade dun xeito ameno para que incrementen os seus coñecementos na materia.

A app inclúe documentación especializada en seguridade e saúde laboral para a súa descarga, tests por actividade (árbores apoiadas, amianto...) e un ranking para competir con outros/as usuarios/as.

Descarga