GaliciaAberta

Aplicación móbil de referencia para a difusión das accións dirixidas aos/ás emigrantes, emigrantes retornados/as e centros galegos do exterior.

GaliciaAberta é a aplicación móbil de referencia para a difusión das accións que a Secretaría Xeral da Emigración leva a cabo para os/as emigrantes, emigrantes retornados/as e centros galegos do exterior. Con ela, pode informarse e/ou inscribirse nos eventos que organiza ou nos que participa dito organismo, así como recibir calquera actualización que se produza neles.

Asemade, facilita o acceso aos contidos de actualidade relacionados coa iniciativa do mesmo nome.

Descarga