Sendegal

Unha aplicación que permite coñecer as rutas oficialmente homologadas de Galicia para o sendeirismo, integrando a descrición de cada unha delas coa súa visualización, perfil topográfico, grao de dificultade... así como as valoracións e comentarios útiles doutras persoas que xa a percorreron antes.

Con esta aplicación, Turismo de Galicia promove e potencia a actividade do sendeirismo como unha maneira de aproximarse aos espazos naturais e ao patrimonio etnográfico e monumental de Galicia, como un complemento ao desenvolvido do turismo sostible.

Dispoñible de forma gratuíta para as plataformas móbiles Android e iOs, Sendegal permite coñecer os sendeiros oficialmente homologados de Galicia para gozar de moitas xornadas de sendeirismo.

Para cada unha destas sendas, a aplicación dispón dos planos de cada ruta, que poden descargarse e/ou gravarse previamente na memoria do teléfono, co que durante a ruta se pode empregar o dispositivo no modo en liña ou non. En ambos os dous casos, o GPS indica a posición para poder seguir o camiño sen dificultade.

Sendegal incorpora tamén un modo de buscas por listaxe ou mapa, que proporciona información sobre:

  • A lonxitude da ruta
  • O tempo estimado do percorrido
  • O grao de dificultade
  • O perfil topográfico
  • Imaxes e outros datos de interese
  • Valoracións ou comentarios de utilidade para outras persoas que fan sendeirismo

Ademais, están dispoñibles os perfís propios da aplicación nas principais redes sociais especializadas en sendeirismo (Every Trail, Wikiloc...), nas que se poden consultar, ou descargar directamente ao dispositivo móbil, as rutas homologadas en Galicia.

Descarga

Ligazóns relacionadas