SUBDIRECCIÓN XERAL DE RÉXIME XURÍDICO E RELACIÓNS LABORAIS

Negociación colectiva

Correspóndenlle a esta subdirección as relacións coas organizacións sindicais en materia de negociación colectiva dos empregados públicos da Administración da Xunta de Galicia (funcionarios e laborais). Esta negociación se realiza coas organizacións sindicais que contan coa representación necesaria nos distintos foros (mesas) de negociación e que derivan dos procesos electorais sindicais que se celebran periodicamente (últimas eleccións sindicais foron as do ano 2006-2007). A subdirección xeral tamén coordina e presta apoio técnico nestes procesos electorais.

Principios xerais

Negócianse en xeral o establecemento e as modificacións das condicións de traballo dos empregados públicos e en particular as materias contidas no artigo 37 do Estatuto Básico do Empregado Público.

Lexislación xenérica

  • Lei Orgánica 11/1985, de 25 de agosto, de Liberdade Sindical (LOLS)
  • Lei 9/1987, de 12 de xuño, de Órganos de Representación, Determinación das Condicións de Traballo e Participación do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas (LORAP)
  • Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público

Lexislación especifica

  • Acordo 7/9/88 entre a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as Organizacións Sindicais
  • Acordo 22/05/08 entre a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as Organizacións Sindicais (CIG, UGT, CSI-CSIF)
  • V Convenio Colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia

Descrición

A negociación colectiva dos empregados públicos desenvólvese no seo das distintas mesas de negociación, que son de creación legal, nalgúns casos, ou de creación convencional noutros. Participan en exclusiva, xunto coa administración, os sindicatos que teñan a condición de sindicatos mais representativos, entendendo por tales aqueles que teñan acadado o 10% ou mas dos delegados de persoal, membros de comités de empresa, ou dos correspondentes órganos de representación das Administracións Públicas.

A Lei 7/2007, de 12 de abril, Estatuto Básico do Empregado Público, estableceu un novo réxime para a negociación colectiva permitindo a negociación colectiva conxunta de todos os empregados públicos naquelas materias e condicións de traballo comúns.

Máis información