Avisos

Ten dispoñibles para consulta 107 avisos:
Nova resolución para regular as vacacións, permisos e licenzas ao persoal

Estas instrucións teñen por obxectivo unificar os criterios de actuación dos distintos órganos da Administración da Comunidade Autónoma competentes para a concesión de vacacións, permisos e licenzas ao persoal dependente deles.

Permisos e licenzas

Publicación das listas definitivas de inclusión 2015

O Diario Oficial de Galicia fixo pública a Resolución do 3 de decembro de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia, reguladas no Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

Contratación temporal

Publicación das listas provisionais de inclusión 2015

O Diario Oficial de Galicia fixo pública a Resolución do 1 de outubro de 2015 da Dirección Xeral da Función Pública pola que se fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, regulado no Decreto 37/2006, do 2 de marzo. Pode consultar aquí a resolución.

Contratación temporal

Publícase a nova instrución para a aplicación dos complementos de incapacidade temporal

Vén de publicarse neste portal a Instrución do 21 de xullo de 2015 para a aplicación dos complementos de incapacidade temporal debida a continxencias profesionais e comúns, e nas situacións de maternidade, paternidade, risco durante o embarazo e risco durante a lactación natural para adaptalas á Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia. 

Permisos e licenzas

Modifícanse as instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas

Vén de publicarse neste portal a Resolución do 10 de xullo de 2015 da Dirección Xeral de Función Pública pola que se modifica a Resolución do 12 de marzo de 2013 relativa ás instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas, co fin de adaptala á Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Permisos e licenzas

Amplíase o prazo nos procesos de selección abertos

Debido a unha actualización técnica, a plataforma de xeración de solicitudes de procesos selectivos non estivo operativa dende o venres 29 de maio ás 15:30 horas ao luns 1 de xuño ás 7:30 horas. Para os procesos selectivos con prazo de solicitude aberto, este ampliouse en tres días segundo o estipulado na orde publicada no DOG nº 99 do 28 de maio.

Procesos selectivos

Publicación das listas definitivas da actualización de méritos

O Diario Oficial de Galicia fixo pública a Resolución do 11 de maio de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que, de conformidade co artigo 12 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2014 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Contratación temporal

Convocatoria para a realización de probas físicas e visuais - ano 2015

Hoxe publícase no DOG a Resolución do 21 de abril de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se convoca a realización das probas físicas e de agudeza visual aos/ás integrantes das listas reguladas polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga.

Contratación temporal

Publicación das listas definitivas - Inclusión 2014

O Diario Oficial de Galicia fixo pública a Resolución do 17 de decembro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia, reguladas no Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

Contratación temporal

Publicación das listas provisionais - Inclusión 2014

O Diario Oficial de Galicia fixo pública a Resolución do 22 de outubro de 2014 da Dirección Xeral da Función Pública pola que se fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario e a contratación temporal do persoal laboral da Xunta de Galicia, regulado no Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

Contratación temporal