Avisos

Ten dispoñibles para consulta 107 avisos:
Novas mensaxes de información do sistema Kronos

A partir do luns, 9 de xuño, quedan activadas novas mensaxes de información no cumprimento da xornada laboral, no sistema de fichaxe Kronos.

Organización do traballo

Gozo do permiso por accidente ou enfermidade grave de familiar en días descontinuos

Aclaracións sobre a posibilidade do gozo de forma descontinua do permiso por accidente ou enfermidade grave dun familiar (artigo 76.1.a) do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei da Función Pública de Galicia), mentres persista o feito causante e ata o máximo de días establecido, que prevé a Resolución do 12 de marzo de 2013, da Dirección xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas (DOG nº 56, do 20 de marzo).

Permisos e licenzas

Resultados das probas físicas e visuais - ano 2014

A próxima semana aplicaranse nas listas de contratación os resultados das probas físicas e de agudeza visual dos integrantes das reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga.

Contratación temporal

Convocatoria para a realización de probas físicas e visuais - ano 2014

Proximamente publicarase no DOG a resolución pola que se convocan as probas físicas e de agudeza visual do persoal admitido nas listas de contratación temporal dedicado ás tarefas de prevención e extinción de incendios forestais.

Contratación temporal

Instrucións das tomas de posesión e cesamento do concurso de administración xeral e das adxudicacións definitivas do persoal de novo ingreso

O vindeiro 31 de marzo de 2014 publicaranse as disposicións polas que se abren os prazos posesorios (cesamento e tomas de posesión) das adxudicacións derivadas do concurso de administración xeral (F01/13) e das adxudicacións definitivas ao persoal de novo ingreso do corpo de xestión (A2) e do corpo administrativo (C1) da Xunta de Galicia.

Procesos selectivos

Publicación das listas provisionais de actualización de méritos (Decreto 37/2006)

Resolución do 25 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que de conformidade co artigo 12 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo (Diario Oficial de Galicia número 48, do 9 de marzo) se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2013 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Contratación temporal

Instrucións sobre tomas de posesión e cesamentos derivados do concurso de traslados de administración especial e das adxudicacións definitivas ao persoal de novo ingreso de administración especial

O vindeiro 17 de febreiro de 2014, publicaranse as disposicións polas que se abren os prazos posesorios (cesamentos e tomas de posesión) das adxudicacións derivadas do concurso de administración especial (F04/12) e das adxudicacións definitivas ao persoal de novo ingreso das escalas de administración especial.

Traslados

Regulación do goce fraccionado da excedencia por coidado de fillos/as e familiares

Tanto a excedencia por coidado de fillo/a menor de tres anos como a excedencia por coidado de familiares poderá gozarse de forma fraccionada, en períodos mínimos de un mes.

Permisos e licenzas

Concesión de permiso por asuntos persoais

Ao longo do ano 2013, o persoal funcionario terá dereito a gozar de ata catro días por asuntos persoais. O día adicional do ano 2013 poderá gozalo ata o 31 de marzo de 2014.

Permisos e licenzas

Publicación das listas definitivas (Decreto 37/2006)

Fanse públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Contratación temporal