Datas previstas para a realización dos primeiros exercicios de auxiliares do SPDIF, subgrupo C2, en varias especialidades

22/10/2021

Procesos selectivos para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de emisorista/vixiante fixo/a, bombeiro forestal-conductor motobomba e bombeiro forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. 

A Xunta de Galicia ten previsto publicar nos próximos días no Diario Oficial de Galicia as convocatorias do primeiro exercicio das seguintes especialidades da escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais:

Proceso
selectivo
DOG convocatoria proceso selectivo Data do 1º
exercicio
Prazas Aspirantes Hora de chamamento Lugar
C2 – Bombeiro Forestal – Condutor Motobomba 04/03/2019 27/11/2021 80 2.004 9:30 horas Silleda
C2 – Emisorista / Vixilante fixo/a 04/03/2019 27/11/2021 75 2.782 16:30 horas Silleda
C2 – Bombeiro Forestal 04/03/2019 28/11/2021 114 3.807 9:30 horas Silleda
 
As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou outro documento fidedigno que a xuízo do tribunal acredite a súa identidade.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Ademais, en todo momento, seguiranse as indicacións establecidas no Protocolo de actuacións orixinados pola COVID-19 para a celebración das probas dos procesos selectivos das OPE da Administración autonómica de Galicia, publicadas na web de Función Pública, autorizados pola Dirección Xeral de Saúde Pública, dependente da Consellería de Sanidade.

Procesos selectivos