Celebración dos segundos exercicios de procesos selectivos

06/09/2021

Para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1 e do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo III e categoría 062 do grupo III de persoal laboral fixo e para o ingreso no corpo auxiliar da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 e do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na Categoría 001 do grupo IV de persoal laboral fixo, da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Xunta de Galicia vai a publicar nestes días no Diario Oficial de Galicia as convocatorias dos  segundos exercicio dos procesos selectivos que se reflicten, que terán lugar no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda. os vindeiros día 27 e 28 de setembro. 

Exercicio no proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1 e do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo III e categoría 062 do grupo III, de persoal laboral fixo: Terá unha duración máxima de 120 minutos, coas conseguintes adaptacións. Tal e como se sinalan nas convocatorias, o segundo exercicio consistirán en contestar por escrito un cuestionario sobre dous supostos de carácter práctico sobre os temas do bloque II do programa indicados no anexo I, cun total de sesenta (60) preguntas tipo test, con trinta (30) preguntas cada un dos supostos.

Exercicio no proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 e do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso categoría 001 do grupo IV, de persoal laboral fixo: Terá unha duración máxima de 60 minutos, coas conseguintes adaptacións. Tal e como se sinalan nas convocatorias, o segundo exercicio consistirán en contestar por escrito un cuestionario de corenta (40) preguntas tipo test, en que as persoas aspirantes poñan de manifesto o coñecemento e manexo dos paquetes ofimáticos no contorno de LibreOffice 5.4.4 (folla de cálculo, procesador de textos).

 

Proceso
selectivo
DOG convocatoria proceso selectivo Aspirantes Prazas Hora de chamamento Lugar: Silleda
Corpo administrativo – C1 27/09/2021 1.455 91 (8 discapacidade e 83 acceso libre) 16.30 h Pavillón 1 (6 portas)
Consolidación grupo III - categoría 002 e 062 27/09/2021 14 6 (6 consolidación de persoal laboral) 16.30 h Pavillón central (1 porta)
Corpo auxiliar – C2 28/09/2021 2.903 319 (27 discapacidade e 292 acceso libre) 16.30 h Pavillón 1 (6 portas)
Consolidación grupo IV – categoría 001 28/09/2021 34 22 (consolidación de persoal laboral) 16.30 h Pavillón central (1 porta)
 
As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou outro documento fidedigno que a xuízo do tribunal acredite a súa identidade. Así mesmo, deberán ir provistas de lapis do nº 2 e goma de borrar. 
 
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
 
Ademais, en todo momento, seguiranse as indicacións establecidas no Protocolo de actuacións orixinados pola COVID-19 para a celebración das probas dos procesos selectivos das OPE da administración autonómica de Galicia, publicadas na web de Función Pública, autorizados pola Dirección Xeral de Saúde Pública, dependente da Consellería de Sanidade.