Previsión de convocatorias de exercicios a desenvolver en xullo de 2021

03/06/2021

A Disposición Adicional Segunda da Lei 4/2021, de medidas fiscais e administrativas publicada no DOG núm. 19, do 29 de xaneiro, faculta ao titular da consellería competente en materia de Función Pública para establecer medidas especiais en materia de procesos selectivos ou de provisión derivadas da situación de emerxencia sanitaria.

Froito da devandita habilitación, publícase a previsión das datas e lugares nos que está previsto que se realicen os procesos selectivos que non puideron desenvolverse regularmente como consecuencia da pandemia ocasionada pola COVID-19. 

Os devanditos procesos poderán celebrarse en distintas sedes e a súa distribución virá determinada polo número de aspirantes de cada proceso e  polo enderezo reflectido na súa solicitude, así como a quenda ou a opción á que son convocados. As tres sedes poderán ser:

  • Silleda: Feira Internacional de Silleda. Recinto Feiral s/n - 36540 Silleda
  • Lugo: Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Av. dos Deportes s/n - 27004 Lugo
  • Santiago de Compostela: Recinto Feiral de Amio. Rúa de Amio s/n - 15890 Santiago de Compostela

Unha semana antes da celebración de cada proceso selectivo, todas  as persoas aspirantes poderán comprobar na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública o día de celebración do seu exercicio, a hora de chamada, a sede, o pavillón (1 ou 2) de cada sede e a porta pola que serán chamadas. Non se permitirá cambio ningún de sede.

A celebración dos devanditos procesos conta coa autorización provisional de Saúde Pública que deberá ser confirmada pola autoridade sanitaria, en función da evolución epidemiolóxica da pandemia.

Proceso
selectivo
Prazas
convocadas
Número de aspirantes Data do
exercicio
Nº de
exercicio
Hora de
chamamento
Lugar Pavillón
Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia 205 13.941 04/07/2021  

 1

8:45/9:00/9:15 h

 

16:15/16:30/16:45 h

Silleda 1 e 2
Santiago (Amio) 1
Lugo (Expo Lugo) 1 e 2
Ordenanza. Grupo V.cat 003 3 805 04/07/2021  

1

8:45 h

16:15 h

Silleda 1 e 2
 
Posibles situacións xeradas pola situación sanitaria pola COVID-19

As persoas aspirantes que non podan realizar o exame nun proceso selectivo por contaxio ou posible contaxio co virus COVID-19, serán convocadas única e exclusivamente nunha segunda data, coa obrigatoriedade de acreditar a súa imposibilidade á Dirección Xeral da Función Pública, nos seguintes casos e do seguinte xeito:

  1. Se a persoa aspirante está ou pode estar contaxiada coa COVID-19: deberá de acreditar cun test PCR ou informe médico ou certificado do/a seu/súa médico/a de cabeceira, realizado no prazo de 72 horas inmediatamente anteriores á hora e data na que se vai a iniciar o chamamento para a realización do exercicio, remitindo electronicamente a súa situación sobrevida á Dirección Xeral da Función Pública.
  2. No suposto de que a persoa aspirante non estea contaxiada ou non se determinou o seu contaxio, pero estea en corentena como consecuencia de ter un contacto estreito cunha persoa que si está ou estivo contaxiada por dar positivo nun test PCR, deberá xustificarse a posibilidade de pospoñer o exame mediante certificado do Centro de Seguimento de Contactos que concrete esta información e a duración prevista do período de illamento. Advertir que este certificado obterao a persoa aspirante e deberao presentar ante a Dirección Xeral da Función Pública.

Se o contacto é moi recente 24 a 72 horas antes do exame en primeira convocatoria, pode que non lle comunicasen a necesidade de illarse ou que esta decisión non se acorde por estar a valorar as circunstancias. Neste caso, concederáselle provisionalmente a posibilidade de facer o exame na 2ª convocatoria excepcional por COVID-19, pero esta queda expresamente condicionada a que achegue o certificado emitido polo Centro de Seguimento de Contactos. Ese certificado deberao de presentar nun prazo non superior ás 72 horas seguintes á realización do exame en primeira convocatoria e iso habilitaralle para presentarse á 2ª convocatoria.

A documentación acreditativa e nos prazos fixados deberase remitir á Dirección Xeral de Función Pública – Servizo de Selección, da Consellería de Facenda e Administración Pública.

Para isto, deberase empregar o modelo de solicitude xenérica co código PR004A previsto na Orde do 4.5.2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non teñan un sistema electrónico específico, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia na dirección https://sede.xunta.gal; ou ben presentará a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Documentos relacionados

Procesos selectivos