Publícase a previsión das datas e lugares nos que esta previsto celebrar os exercicios dos procesos selectivos que non puideron desenvolverse regularmente como consecuencia da pandemia ocasionada pola COVID-19

24/02/2021

Previsión de convocatorias do 1º exercicio a desenvolver en marzo de 2021

A Disposición Adicional Segunda da Lei 4/2021, de medidas fiscais e administrativas publicada no DOG núm. 19, do 29 de xaneiro, faculta ao titular da consellería competente en materia de Función Pública, para establecer medidas especiais en materia de procesos selectivos ou de provisión derivadas da situación de emerxencia sanitaria.

Froito de dita habilitación, publícase a previsión das datas e lugares nos que esta previsto que se realicen os procesos selectivos que non puideron desenvolverse regularmente como consecuencia da pandemia ocasionada pola COVID-19. 

Ditos procesos poderán celebrarse en distintas sedes e a súa distribución virá determinada polo número de aspirantes de cada proceso e  polo enderezo reflectido na súa solicitude, así como a quenda ou a opción á que son convocadas.  As sedes previstas son:
  • Silleda: Feira Internacional de Silleda, Recinto Ferial, s/n - 36540 Silleda (Pontevedra)
  • Lugo: Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, rúa Acceso Complexo Dep. Palo, s/n - 27004 Lugo
  • Ourense: Expourense, Barrio Farixa Sup, 2B - 32005 Ourense

Unha semana antes da celebración de cada proceso selectivo, todas as persoas aspirantes poderán comprobar na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública, tanto o día de celebración do seu exercicio, a hora de chamada, a sede, o pavillón (1 ou 2) de cada sede e a porta pola que serán chamadas. Non se permitirá cambio ningún de sede.

A celebración dos devanditos procesos conta coa autorización provisional de Saúde Pública que deberá ser confirmada pola autoridade sanitaria, en función da evolución epidemiolóxica da pandemia.

Proceso
selectivo
Prazas
convocadas
Data do 1º
exercicio
Hora do chamamento Lugar Pavillón Enderezo solicitude da persoa aspirante
A2 Xestión (libre) 64 27/3/2021 9.00 Silleda 1 e 2 Pontevedra e parte da Coruña
Ourense 1 Ourense e outras CCAA
Lugo 1 e 2 Lugo e parte da Coruña
II-007 Titulado/a grao medio 21 27/3/2021 9.00 Ourense 1 Totalidade de aspirantes
A2 Educadores 86 27/3/2021 16.30 Silleda 1 e 2 A Coruña e parte de Pontevedra
Ourense Ourense e parte de Pontevedra
Lugo 1 e 2 Lugo e outras CCAA
C2 Auxiliares de clínica 305  28/3/2021 9.00 Silleda 1 e 2 Coruña, Pontevedra e outras CCAA
Ourense Ourense
Lugo 1 e 2 Lugo
16.30 Silleda 1 e 2 Coruña, Pontevedra e outras CCAA
Ourense Ourense
Lugo 1 e 2 Lugo
 

 

Procesos selectivos