Suspendido o prazo de presentación de solicitudes de inclusión nas listas de contratación temporal

29/04/2020

O prazo para a presentación de solicitudes de inclusión nas listas para o nomeamento de persoal funcionario interino e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, inicialmente establecido do 1 de marzo ao 30 de abril de 2020, atópase suspendido desde o 14 de marzo de acordo co establecido na Disposición Adicional Terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo que declarou o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

O persoal interesado en formar parte das listas de contratación temporal, constituídas ao abeiro do Decreto 37/2006, de 2 de marzo, que se atopaban abertas para anotarse nelas antes declaración do estado de alarma, poderá continuar coa presentación das solicitudes de inclusión durante un mes e dezaoito días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación da finalización do estado de alarma.

Contratación temporal