Convocatoria para a realización de probas físicas e de agudeza visual - ano 2017

28/03/2017

No portal web da Consellería do Medio Rural pódense consultar as datas nas que está prevista a realización das probas físicas e de agudeza visual dos integrantes das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, modificado polo Decreto 124/2016, do 8 de setembro, correspondentes a determinadas categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga.

Ligazóns relacionadas

Contratación temporal