Apertura de prazo para a cobertura dunha praza de técnico de seguridade, saúde laboral e ergonomía por persoal laboral fixo do grupo II, categoría 2 (ATS. Enfermeiro/a. Practicante. DUE)

20/09/2016

Son requisitos indispensables para optar a praza os seguintes:

  • Titulación académica. Diplomado/a en enfermería
  • Formación específica:
    • Técnico de nivel superior de prevención de riscos laborais, especialidade ergonomía e psicosocioloxía aplicada (RI)
    • ATS/DUE de empresas (RI)

Con carácter previo ao inicio desta convocatoria a Comisión Permanente de Listas autorizou na súa xuntanza do 25/04/2016 a petición do ISSGA de utilizar a lista L-II-002 (ATS/DUE) do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, para  proceder á cobertura do devandito posto dada a inexistencia de listas de persoal funcionario no Decreto 37/2006 que se adecúen as características da praza.  

Posteriormente a Dirección Xeral da Función Pública e a Dirección Xeral de Orzamentos autorizaron conxuntamente a contratación o día 28/07/2016 e a Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal iniciou a proceso de cobertura do posto.  

Dado que non foi posible a cobertura a través das listas do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, anúnciase a apertura dun prazo de 10 días, a contar dende a data de publicación deste anuncio na páxina web da Xunta de Galicia (día 20 de setembro de 2016), para que o persoal laboral fixo do grupo II, categoría 002 (ATS/DUE), que estando interesado en desempeñar o posto cumpra cos requisitos solicite a súa cobertura.

Para estes efectos as persoas interesadas deberán dirixir a súa solicitude á Subdirección Xeral de provisión e postos e selección de persoal da Dirección Xeral da Función Pública con copia compulsada que acredite o cumprimento dos requisitos esixidos.

De existiren varios solicitantes terase en conta para o nomeamento a antigüidade na Administración (número de trienios).

De acordo co disposto no artigo 24.5 do V convenio colectivo único da Xunta de Galicia o persoal laboral fixo seleccionado quedará, tras o nomeamento, na situación de excedencia voluntaria por incompatibilidade.

Ligazóns relacionadas

Contratación temporal