Gozo do permiso por accidente ou enfermidade grave de familiar en días descontinuos

30/05/2014

Aclaracións sobre a posibilidade do gozo de forma descontinua do permiso por accidente ou enfermidade grave dun familiar (artigo 76.1.a) do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei da Función Pública de Galicia), mentres persista o feito causante e ata o máximo de días establecido, que prevé a Resolución do 12 de marzo de 2013, da Dirección xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas (DOG nº 56, do 20 de marzo):

  • Tal e como se prevé na dita Resolución, para os efectos do gozo deste permiso, considéranse días hábiles os sábados.
  • Por iso, no caso de que medie un día hábil (con independencia de que sexa laborable ou non) no medio dos días que se solicitan hai que entender que se está gozando de forma continua. Así, se a persoa funcionaria ten dereito a tres días hábiles e solicita o venres e o luns, enténdese que os goza de forma continua, por canto o sábado tamén se computa para estes efectos.
     

Permisos e licenzas