DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 25 de setembro de 2024 Páx. 51949

III. Outras disposicións

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre de 2024.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), publícase no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade dos convenios subscritos pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas no segundo cuadrimestre do ano 2024, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2024

Yago Borrajo Sánchez
Secretario xeral técnico da Consellería de Vivenda
e Planificación de Infraestruturas

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Vivenda
e Planificación de Infraestruturas no segundo cuadrimestre de 2024

Descrición

Data de sinatura

Importe

Addenda núm. 5 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Redondela para o financiamento da redacción do Plan xeral de ordenación municipal.

7.6.2024

0 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Cartelle para a realización de obras en materia de urbanismo.

25.6.2024

75.839,98 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Lobios para a realización de obras en materia de urbanismo.

25.6.2024

118.512,45 €

Addenda núm. 4 e prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Corcubión para o financiamento da redacción da revisión do Plan especial de protección e ordenación do casco histórico (PEPOCH).

28.6.2024

0 €

Addenda núm. 1 e prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Rábade para o financiamento da redacción do Plan xeral de ordenación municipal.

28.6.2024

0 €

Addenda núm. 2 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Allariz para o financiamento da redacción da revisión do Plan especial de protección do casco histórico (PEPCH).

2.7.2024

0 €

Addenda núm. 4 e prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Betanzos para o financiamento da redacción da revisión do Plan especial de protección e ordenación do casco histórico (PEPOCH).

2.7.2024

0 €

Addenda núm. 2 e prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Negreira para o financiamento da redacción do Plan xeral de ordenación municipal.

2.7.2024

0 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Riós para a realización de obras en materia de urbanismo.

17.7.2024

214.837,15 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Coristanco para a realización de obras en materia de urbanismo.

1.8.2024

234.945,02 €