Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 28 de xullo de 2011 Páx. 21548

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (81/2011).

Eu, Carmen Varela Rebolo, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 81/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Valladares Fernández contra a empresa Videovisión 2000, S.L. e Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvo que, estimando a demanda formulada por María José Valladares Fernández contra a empresa Videovisión 2000, S.L. e Fogasa, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar á demandante a cantidade de 318 euros, á cal será de aplicación unha recarga por mora do 10% anual. Todo iso sen prexuízo da responsabilidade que ao Fondo de Garantía Salarial lle corresponda asumir dentro dos límites legais. Así mesmo, condeno a demandada ao pagamento dunha multa por importe de 180 euros».

Notifíqueselles esta sentenza aos representantes legais das partes, coa advertencia de que contra ela non cabe interpor recurso ningún, polo que se declara a súa firmeza (artigo 189.1 do texto refundido da Lei de procedemento laboral (TRLPL), 100 da Lei de procedemento laboral (LPL).

E para que lle sirva de notificación en forma a Videovisión 2000, S.L., expido e asino este edicto en Lugo o 2 de xuño de 2011.

A secretaria xudicial
Rubricado