DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 27 de abril de 2011 Páx. 7.281

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DO MAR

ORDE do 15 de abril de 2011 pola que se dispón o nomeamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e de mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro e pola Lei 33/2010, do 5 de agosto, no seu artigo 40º atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída

DISPOÑO:

O nomeamento de José Rafael Membrives Rojas como vogal do Consello de Administración da Autoridade portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría en representación do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2011.

Rosa Mª Quintana Carballo

Conselleira do Mar