DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 27 de abril de 2011 Páx. 7.281

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DO MAR

ORDE do 15 de abril de 2011 pola que se dispón o cesamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e de mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro e pola Lei 33/2010, do 5 de agosto, no seu artigo 40º atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída

DISPOÑO:

O cesamento de Marcelino Abuín Duro como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría en representación do Concello de Vilagarcía de Arousa, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2011.

Rosa Mª Quintana Carballo

Conselleira do Mar

b) NOMEAMENTOS CONSELLERÍA DO MAR