DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Luns, 25 de abril de 2011 Páx. 7.153

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2011 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba a reorganización do seu persoal directivo.

De acordo co previsto na Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, o Consello de Dirección do Instituto nas súas xuntanzas do 2 de decembro de 2010 e do 1 de abril de 2011 acordou a reorganización do seu persoal directivo nos seguintes termos:

1. Órganos superiores de dirección.

Para o desenvolvemento das funcións que o Igape ten encomendadas e recollidas no artigo 4º da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do instituto, conta cos seguintes órganos superiores:

1.1. O/a presidente/a.

1.2. O/a director/a xeral.

1.1. Ao/Á presidente/a que será, por razón do seu cargo, o/a conselleiro/a de Economía e Industria, correspóndelle a representación do Igape en toda clase de actos ou negocios xurídicos e exercerá no seu nome accións e recursos e demais competencias que se lle asignan na precitada Lei 5/1992 no seu artigo 11º.

1.2. Ao/Á director/a xeral, que será nomeado/a polo Consello de Dirección, por proposta do/a conselleiro/a, correspóndelle exercer as competencias que se establecen no artigo 12º da Lei 5/1992 e as que lle sexan expresamente delegadas polo/a presidente/a ou polo Consello de Dirección.

2. Persoal directivo.

O Instituto Galego de Promoción Económica estrutúrase nos seguintes órganos directivos:

2.1. Secretaría Xeral.

2.2. Área de Financiamento.

2.3. Área de Competitividade.

2.4. Área de Internacionalización Galicia@world.

2.5. Área de Desenvolvemento Territorial.

De acordo coas ás directrices, criterios e instrucións directas que emanen dos órganos superiores do instituto e baixo a dependencia orgánica do/a director/a xeral e funcional do/a secretario/a xeral, as áreas en que se estrutura o Igape terán a estrutura organizativa que se prevé a continuación:

As áreas son agrupacións de unidades organizativas de menor nivel, como subdireccións ou oficinas. Este agrupamento é necesario para facer razoable o tramo de control dos responsables da dirección do instituto. Á fronte de cada área hai sempre un/unha director/a, que xunto ao/á director/a xeral e ao/á secretario/a xeral constitúen o Comité de Dirección do Igape. Os/as directores/as de área dependen organicamente do/a director/a xeral e funcionalmente do/a secretario/a xeral.

As subdireccións son unidades organizativas con funcións ben definidas que, a diferenza das oficinas -que enfocan a súa actividade, fundamentalmente, á prestación de servizos dirixidos a unha pluralidade de destinatarios (empresas, asociacións empresariais, clústers, AEI etc., no exterior do Igape- están orientadas ao funcionamento interno e mantemento do instituto ou á xestión de apoios financeiros ao tecido empresarial. Á fronte dunha subdirección hai un/unha subdirector/a, en dependencia orgánica dun/dunha director/a de área ou do/a secretario/a xeral.

As oficinas competitivas e de internacionalización constitúen unidades organizativas responsables de desenvolver unha carteira de servizos que apoien, fomenten e faciliten a competitividade, innovación e internacionalización das empresas galegas, asociacións empresariais, clústers, AEI, e demais operadores económicos galegos, co fin de lograr os obxectivos estratéxicos do instituto. Á fronte dunha oficina hai sempre un/unha xerente, en dependencia orgánica dun/dunha director/a de área.

Distinguimos entre oficinas competitivas e de internacionalización atendendo á súa misión. As primeiras perseguen mellorar a competitividade das empresas galegas, mentres que as segundas auxilian o empresariado galego na súa procura de mercados internacionais e a economía galega na súa busca de investimentos produtivos estranxeiros. Así mesmo, as oficinas competitivas e de internacionalización:

a) Requiren unha xestión mínima e centrada nos aspectos promocionais do instituto,

b) Compóñense de recursos humanos de perfil homoxéneo, orientados á comunicación, o que facilita a tarefa de xestión dos mandos,

c) Teñen unha vocación de especialización temática na súa área de competencias.

3. Estrutura funcional do Igape.

En canto á estrutura funcional do Igape, clasifícanse as funcións das diferentes áreas, subdireccións e oficinas en catro categorías:

a) Funcións construtivas,

b) Funcións produtivas,

c) Funcións rexenerativas,

d) Funcións de apoio.

Funcións construtivas.

Son funcións de carácter eventual pero necesarias para a constitución de novas unidades organizativas e para a súa posta en funcionamento. Cabe destacar:

a) A formación en competencias do equipo humano asignado,

b) O deseño e redeseño do catálogo de servizos prestados,

c) A participación no deseño dos procedementos específicos de traballo,

d) A creación dun banco de provedores de servizos,

e) A contratación de provedores de servizos ou axentes,

f) etc.

Funcións produtivas.

As unidades organizativas do instituto desenvolven as seguintes actividades produtivas no seu ciclo diario:

a) Planificación estratéxica e operativa da súa área de competencias,

b) Execución dos servizos ofrecidos,

c) Xestión da base de provedores de servizos externos con que se operará,

d) Xestión do ciclo de vida das solicitudes de servizos, axuda, aval ou préstamo.

Ademais, as oficinas competitivas ou internacionais teñen funcións produtivas específicas, vinculadas coa súa actividade relacionada co tecido empresarial:

e) Promoción das súas actividades, servizos e axudas ao tecido empresarial.

f) Recrutamento de novas empresas interesadas en consumir axudas e servizos.

Queda fóra da competencia das oficinas a xestión da liquidación de expedientes e a execución e planificación de servizos comúns do Igape.

Funcións rexenerativas.

Son funcións eventuais, pero cruciais para manter actualizada a oferta de servizos e axudas ao empresariado. As máis destacadas son:

a) Identificación e deseño de novos produtos (servizos) de valor,

b) Identificación e apoio á negociación para a derivación de novas fontes de axuda europeas e nacionais na súa esfera temática.

Funcións de apoio.

As unidades organizativas colaboran co resto de unidades do Igape do seguinte xeito:

a) Potenciando e xestionando programas de apoio doutras administracións e institucións públicas que poidan axudar á implantación de investimento produtivo no territorio galego,

b) Colaborando coas distintas unidades operativas do instituto en tarefas de coordinación e aliñamento de obxectivos e estratexias de actuación,

c) Coordinándose para a rexeneración do catálogo de servizos do instituto,

d) Prestando axuda directa ao Gabinete de Comunicación do Igape,

e) Prestando axuda temática ou sectorial á Secretaría Xeral,

f) De xeito xeral, calquera outra función relacionada coa área de traballo que lle sexa encomendada polos/as superiores no ámbito das súas competencias.

A continuación preséntanse as funcións da Dirección Xeral, das áreas, subdireccións e oficinas.

3.1. Dirección Xeral.

A Área de Dirección ten por misión deseñar e dirixir a estratexia do instituto na súa procura de mellora da economía de Galicia.

3.2. Secretaría Xeral.

Esta área ten por misión asegurar o funcionamento operativo dos servizos do instituto, incluíndo as actividades de deseño operacional, promoción do bo uso, desenvolvemento ou implantación de sistemas, seguimento e control dos procedementos operativos do instituto. Ademais, a Secretaría Xeral engloba os servizos centrais ou comúns do instituto, como os xurídicos, económico-financeiros, recursos humanos, calidade, informática, vixilancia competitiva e os de información especializada.

Para o desenvolvemento das súas funcións, a Secretaría Xeral estrutúrase nas seguintes subdireccións e unidades:

a) Subdirección de Xestión Económica e Financeira.

b) Subdirección de Servizos Xurídicos.

c) Subdirección de Información Especializada.

d) Subdirección de Liquidación.

e) Subdirección de RR.HH. e Vixilancia Competitiva.

f) Unidade de soporte á Secretaría.

3.2.1. Subdirección de Xestión Económica e Financeira.

Esta subdirección ten por misión prestarlle ao instituto servizos internos de xestión e control económico e financeiro.

3.2.1.1. Funcións produtivas.

a) Elaborar o anteproxecto de orzamentos do instituto e as correspondentes programacións plurianuais.

b) Informar e instrumentar as modificacións orzamentarias que resulten.

c) Facer o seguimento e control da xestión orzamentaria, propoñendo os axustes orzamentarios que resulten necesarios para garantir unha xestión equilibrada do instituto.

d) Xestionar a materialización dos ingresos do instituto.

e) Elaborar e xestionar o orzamento de tesouraría.

f) Elaborar as contas anuais e toda clase de operacións contables do instituto.

g) Elaborar estatísticas e informes de seguimento da xestión económico-financeira do Igape.

h) Deseñar e xestionar os indicadores de xestión e do cadro de mando do Igape.

i) Controlar e seguir os obxectivos establecidos pola dirección a través dos indicadores do cadro de mando de cada área.

j) Realizar todas as actuacións dirixidas á contratación dos bens e servizos necesarios para o funcionamento e o mantemento das instalacións.

3.2.1.2. Funcións rexenerativas.

a) Propoñer novas iniciativas que, tanto en materia de axudas, como de prestación de servizos, e no ámbito de competencias asignadas ao Igape, amplíen ou melloren o marco de actividades que desenvolve o instituto, en función do seu coñecemento das necesidades e inquietudes dos distintos axentes económicos.

3.2.1.3. Funcións de apoio.

a) Colaborar coas distintas unidades operativas do instituto en tarefas de coordinación e aliñamento de obxectivos e estratexias de actuación.

b) Finalmente, de xeito xeral, realizar calquera outra función relacionada coa área de traballo que lle sexa encomendada polos/as superiores no ámbito das súas competencias.

3.2.2. Subdirección de Servizos Xurídicos.

Esta subdirección ten por misión prestarlle ao instituto servizos internos de apoio e supervisión xurídica.

3.2.2.1. Funcións produtivas.

a) Exercer o asesoramento xurídico do instituto.

b) Elaborar, refundir e modificar as propostas de regulación normativa que lle correspondan ao instituto, ben por iniciativa das áreas de xestión correspondentes ou ben por iniciativa propia.

c) Tramitar e elevar ás consellerías competentes todas as disposicións e actos que deban ser obxecto de autorización polos órganos superiores da Xunta de Galicia, así como, se é o caso, dos acordos tomados.

d) Levar a cabo a xestión patrimonial das empresas participadas polo instituto.

e) Realizar a tramitación administrativa dos expedientes de contratación.

f) Levar o rexistro de todas as entradas e saídas de documentos do exterior.

g) Elaborar toda a información que se deba subministrar aos órganos de control internos e externos do ente.

3.2.2.2. Funcións rexenerativas.

a) Propoñer novas iniciativas que, tanto en materia de axudas como de prestación de servizos, e no ámbito de competencias asignadas ao Igape, amplíen ou melloren o marco de actividades que desenvolve o instituto, en función do seu coñecemento das necesidades e inquietudes dos distintos axentes económicos.

3.2.2.3. Funcións de apoio.

a) Levar a cabo todas as actuacións de coordinación e colaboración cos órganos de control que resulten necesarias.

b) Asistir o/a secretario/a xeral na preparación dos consellos de dirección e na tramitación dos seus acordos.

c) Colaborar coas distintas unidades operativas do instituto en tarefas de coordinación e aliñamento de obxectivos e estratexias de actuación.

d) Finalmente, de xeito xeral, realizar calquera outra función relacionada coa área de traballo que lle sexa encomendada polos/as superiores no ámbito das súas competencias.

3.2.3. Subdirección de Información Especializada.

Esta subdirección ten por misión a difusión de información promocional das axudas e servizos do Igape no tecido empresarial. A diferenza das oficinas competitivas ou de internacionalización, esta subdirección non é temática, senón de apoio horizontal a todas as oficinas especializadas. A subdirección estrutura tamén o territorio mediante oficinas de cobertura nas principais cidades galegas.

3.2.3.1. Funcións produtivas.

a) Elaborar, impulsar, recompilar e difundir toda clase de campañas de promoción e publicacións, incluída a súa contratación e control, que permitan tanto a divulgación das distintas actividades do instituto, como de toda a información e estudos que promovan o desenvolvemento económico de Galicia.

b) Manter e actualizar un soporte informativo sobre os programas de axudas nos distintos ámbitos da Administración e que poidan ser de aplicación aos proxectos emprendedores e empresariais.

c) Xestionar o centro de documentación, biblioteca e hemeroteca básica para a promoción económica.

d) Divulgar o catálogo de axudas e servizos do instituto ás empresas dos distintos sectores económicos e nos axentes sociais relacionados.

e) Planificar e impartir xornadas informativas dirixidas a difundir e divulgar os programas e servizos do Igape, organización e participación en actos, feiras, congresos e xornadas de contido e interese empresarial.

f) Contribuír, coordinadamente coas distintas institucións públicas implicadas, a facilitar o acceso aos/ás particulares á información dos distintos programas de axudas e apoios do Igape que poidan resultarlles de interese.

g) Manter actualizada a páxina web e o boletín interno do instituto.

h) Xestionar o sistema de atención telemática, que permite distribuír coordinada e automaticamente as chamadas de información e integrar as funcionalidades telefónicas para proporcionar unha xestión de resposta por todos os medios telemáticos aos usuarios/as do servizo.

i) Coordinar os servizos telemáticos para a constitución de novas empresas coa forma xurídica de sociedade limitada nova empresa por medio dos puntos de asesoramento e inicio de tramitación (PAIT) para os/as promotores/as das novas iniciativas empresariais.

j) Coordinar as oficinas territoriais do instituto.

3.2.3.2. Funcións rexenerativas.

a) Propoñer novas iniciativas que, tanto en materia de axudas como de prestación de servizos, e no ámbito de competencias asignadas ao Igape, amplíen ou melloren o marco de actividades que desenvolve o instituto, en función do seu coñecemento das necesidades e inquietudes dos distintos axentes económicos.

3.2.3.3. Funcións de apoio.

a) Colaborar coas distintas unidades operativas do instituto en tarefas de coordinación e aliñamento de obxectivos e estratexias de actuación.

b) Finalmente, de xeito xeral, realizar calquera outra función relacionada coa área de traballo que lle sexa encomendada polos/as superiores no ámbito das súas competencias.

3.2.4. Subdirección de Liquidación.

A Subdirección de Liquidación ten por misión a liquidación das axudas relativas a calquera temática ou destino posible no Igape.

3.2.4.1. Funcións produtivas.

a) Analizar as propostas de modificacións, prórrogas e proposta de resolución de incidencias que se presenten na tramitación dos expedientes.

b) Propoñer a resolución de recursos administrativos.

c) Elaborar informes de xestión, seguimento e valoración de resultados respecto do impacto das liñas de axudas xestionadas e o seu grao de eficiencia e eficacia respecto dos fins propostos.

d) Xestionar a liquidación das solicitudes de cobramento dos expedientes administrativos aprobados.

e) Propoñer os documentos contables ata a fase de proposta de pagamento dos gastos correspondentes aos programas xestionados.

3.2.4.2. Funcións rexenerativas.

a) Propoñer novas iniciativas que, tanto en materia de axudas como de prestación de servizos, e no ámbito de competencias asignadas ao Igape, amplíen ou melloren o marco de actividades que desenvolve o instituto, en función do seu coñecemento das necesidades e inquietudes dos distintos axentes económicos.

3.2.4.3. Funcións de apoio.

a) Potenciar e xestionar programas de apoio doutras administracións e institucións públicas que melloren a capacidade operativa das empresas galegas en materias do seu ámbito competencial.

b) Colaborar coas distintas unidades operativas do instituto en tarefas de coordinación e aliñamento de obxectivos e estratexias de actuación.

c) Participar e/ou supervisar as actuacións das comisións de valoración.

d) Finalmente, de xeito xeral, realizar calquera outra función relacionada coa área de traballo que lle sexa encomendada polos/as superiores no ámbito das súas competencias.

3.2.5. Subdirección de RR.HH. e Vixilancia Competitiva.

A Subdirección de Recursos Humanos e Vixilancia Competitiva ten por misión levar a cabo a correcta xestión do persoal, garantindo a cobertura da totalidade dos postos da estrutura, así como manter actualizada a oferta de servizos e liñas de traballo do Igape (con respecto ás mellores prácticas das ADR españolas e europeas), e o acceso ás diferentes liñas de financiamento que poidan xurdir para acometer as actividades do instituto e a vixilancia competitiva do instituto:

3.2.5.1. Funcións de creación e establecemento.

a) Crear un plan de actualización e coordinación das actividades de vixilancia competitiva do Igape.

3.2.5.2. Funcións produtivas.

a) Xestionar as necesidades de persoal, recrutamento, selección e incorporación do novo persoal.

b) Deseñar, planificar e executar o plan de acollida do novo persoal incorporado.

c) Colaborar coa Unidade de Deseño e Seguimento de Procedementos na definición, deseño e optimización dos procedementos da unidade.

d) Xestionar as altas e baixas do persoal, absentismo, etc.

e) Xestionar e actualizar os ficheiros de persoal.

f) Elaborar e calcular as nóminas, seguros sociais, plans de pensións, etc.

g) Controlar e explotar a información do sistema de información de fichaxe á entrada e saída diaria do centro de traballo.

h) Informar na materia por instancia dos/as superiores.

i) Realizar estudos para a detección de necesidades formativas.

j) Deseñar e elaborar o plan anual de formación.

k) Elaborar a proposta orzamentaria anual.

l) Colaborar e proporcionar a información necesaria na materia, con respecto aos plans de futuro do instituto.

m) Realizar unha vixilancia competitiva das outras ADR españolas e estranxeiras co fin de implantar no instituto as mellores prácticas observadas e os servizos máis innovadores.

n) Elaborar análises sobre os resultados dos diferentes programas en execución (nivel de demanda, tipoloxía das solicitudes recibidas, concedidas, denegadas, etc.).

o) Facer o seguimento da eficacia na execución operativa dos procesos de xestión asociados a cada programa.

p) Identificar os factores clave de seguimento (tempos de resposta a solicitantes, atención de reclamacións ou queixas, avaliación de cargas de traballo por programa, etc.).

q) Preparar informes periódicos.

r) Participar na definición de obxectivos de resultados dos programas.

s) Controlar o grao de cumprimento de obxectivos por programas e por áreas xestoras.

t) Identificar e analizar o grao de satisfacción dos/as solicitantes e beneficiarios/as dos diferentes programas do instituto.

u) Definir, mellorar e contratar a implantación e o mantemento dos sistemas de información internos necesarios para o bo funcionamento do instituto.

v) Finalmente, de xeito xeral, realizar calquera outra función relacionada coa área de traballo que lle sexa encomendada polos/as superiores no ámbito das súas competencias.

3.2.5.3. Funcións rexenerativas.

a) Propoñer novas iniciativas que, tanto en materia de axudas como de prestación de servizos, e no ámbito de competencias asignadas ao Igape, amplíen ou melloren o marco de actividades que desenvolve o instituto, en función do seu coñecemento das necesidades e inquietudes dos distintos axentes económicos.

3.2.5.4. Funcións de apoio.

a) Colaborar coas distintas unidades operativas do instituto en tarefas de coordinación e aliñamento de obxectivos e estratexias de actuación.

3.2.6. Unidade de soporte á Secretaría Xeral.

É a Unidade de Deseño e Seguimento de Procedementos.

A misión da Unidade de Deseño e Seguimento de Procedementos é maximizar a axilidade, obxectividade, eficacia e eficiencia dos procesos operativos do Igape mediante o deseño, redeseño, seguimento e supervisión dos procedementos internos de funcionamento da organización.

3.2.6.1. Funcións produtivas.

a) Propoñer, desenvolver e supervisar os procedementos administrativos que, cumprindo todos os requisitos normativos aplicables, faciliten a xestión do instituto.

b) Propoñer a regulación interna da xestión dos procedementos administrativos e verificar o seu cumprimento.

c) Deseñar e implementar o desenvolvemento integral dos procesos mecanizados de todos os procedementos administrativos e actuacións do Instituto.

d) Deseñar, definir e asegurar o cumprimento dos procedementos en materia informática para asegurar a salvagarda de toda a información xerada e almacenada.

e) Definir as necesidades en materia de tecnoloxías da comunicación e información a medio e longo prazo.

f) Asegurar o mantemento e eficiencia dos equipamentos e infraestruturas TIC.

g) Solicitar e valorar as propostas técnicas presentadas polas empresas provedoras do sector TIC.

h) Levar a cabo labores de asistencia a usuarios/as.

i) Impartir formación básica aos/ás usuarios/as das infraestruturas, aplicacións e equipamentos.

j) Levar a cabo a administración dos sistemas.

k) Executar o backup que garanta a conservación de toda a información xerada e almacenada.

l) Levar a cabo a xestión e actualización do parque de equipamentos TIC.

m) Xestionar a actualización das aplicacións e a súa instalación nos diferentes equipamentos.

n) Asegurar o cumprimento da lexislación vixente en materia de protección de datos e servizos da sociedade da información.

3.2.6.2. Funcións rexenerativas.

a) Desenvolver as melloras potenciais nos procedementos administrativos, mediante a súa reenxeñaría e redesenvolvelos cara á mellora da calidade ou do seu rendemento.

b) Finalmente, de xeito xeral, realizar calquera outra función relacionada coa área de traballo que lle sexa encomendada polos/as superiores no ámbito das súas competencias.

3.3. Área de Financiamento.

A misión fundamental da Área de Financiamento é a identificación, regulamento e xestión do ciclo de vida dos apoios (subvencións, préstamos, avais e outras actuacións de semellantes características) á actividade empresarial.

O ciclo de vida antes da liquidación das axudas inclúe o deseño, a publicación das ordes e a xestión ou tramitación das solicitudes.

No novo panorama económico esta área ten un papel crucial que desempeñar na identificación e negociación da transferencia ao Igape de novas fontes de axuda para o empresariado galego.

Para o desenvolvemento das súas funcións, a Área de Financiamento estrutúrase nas seguintes subdireccións:

a) Subdirección de Programas de Acceso ao Crédito.

b) Subdirección de Programa de Financiamento.

3.3.1. Subdirección de Programas de Acceso ao Crédito.

A misión desta subdirección é dar cumprido servizo ao tecido empresarial na tramitación de axudas, avais e préstamos, isto é, no rol de axente para a mellora competitiva a través do soporte ao financiamento que o Igape desenvolve en Galicia.

3.3.1.1. Funcións de creación e establecemento.

Non aplican.

3.3.1.2. Funcións produtivas.

a) Xestionar, tramitar, propoñer e resolver os expedientes de avais, préstamos e axudas financeiras presentados ao abeiro dos decretos de avais e préstamos ou calquera outro programa que lle corresponda por razón de materia.

b) Xestionar e realizar o seguimento dos convenios que formalice o Igape con institucións financeiras e de garantía recíproca, así como con outras entidades públicas ou privadas dependentes de institucións ou administracións públicas nacionais ou internacionais.

c) Xestionar o orzamento correspondente aos programas de xestión.

d) Deseñar novos programas de avais para investimentos.

e) Deseñar novos programas de subsidiación de tipos de xuro e de mellora das condicións de devolución (carencias, seguros, etc.).

f) Analizar as propostas de modificacións, prórrogas e proposta de resolución de incidencias que se presenten na tramitación dos expedientes.

g) Propoñer a resolución de recursos administrativos.

h) Propoñer os documentos contables ata a fase de compromiso dos gastos correspondentes aos programas xestionados (fase AD).

i) Elaborar informes de xestión, seguimento e valoración de resultados respecto do impacto das liñas de axudas xestionadas e o seu grao de eficiencia e eficacia respecto dos fins propostos.

3.3.1.3. Funcións rexenerativas.

a) Buscar e negociar novas fontes de financiamento (axudas, avais ou créditos) para os orzamentos do instituto.

b) Propoñer novas iniciativas que, tanto en materia de axudas como de prestación de servizos, e no ámbito de competencias asignadas ao Igape, amplíen ou melloren o marco de actividades que desenvolve o instituto, en función do seu coñecemento das necesidades e inquietudes dos distintos axentes económicos.

3.3.1.4. Funcións de apoio.

a) Potenciar e xestionar programas de apoio doutras administracións e institucións públicas ou privadas que melloren a capacidade operativa das empresas galegas en materias do seu ámbito competencial.

b) Colaborar coas distintas unidades operativas do instituto en tarefas de coordinación e aliñamento de obxectivos e estratexias de actuación.

c) Participar e/ou supervisar as actuacións das comisións de valoración.

d) Finalmente, de xeito xeral, realizar calquera outra función relacionada coa área de traballo que lle sexa encomendada polos/as superiores no ámbito das súas competencias.

3.3.2. Subdirección de Programa de Financiamento.

A misión desta subdirección é a de impulsar iniciativas que redunden na mellora da estrutura de financiamento das empresas galegas e da súa capacidade de investimento e crecemento, en especial todas as relacionadas coas bases reguladoras de incentivos ao investimento.

3.3.2.1. Funcións de creación e establecemento.

Non aplican.

3.3.2.2. Funcións produtivas.

a) Deseñar e propoñer iniciativas de financiamento para novas empresas e emprendedores.

b) Deseñar e propoñer iniciativas de financiamento e refinanciamento para a consolidación de empresas xa existentes.

c) Deseñar e propoñer iniciativas de financiamento para procesos de consolidación, fusión ou alianzas entre empresas.

d) Deseñar e propoñer programas de capital risco e semente.

e) Deseñar e publicar programas conveniados con outras institucións públicas e privadas.

3.3.2.3. Funcións rexenerativas.

a) Propoñer novas iniciativas que, tanto en materia de axudas como de prestación de servizos, e no ámbito de competencias asignadas ao Igape, amplíen ou melloren o marco de actividades que desenvolve o instituto, en función do seu coñecemento das necesidades e inquietudes dos distintos axentes económicos.

3.3.2.4. Funcións de apoio.

a) Potenciar e xestionar programas de apoio doutras administracións e institucións públicas que melloren a capacidade operativa das empresas galegas en materias do seu ámbito competencial.

b) Colaborar coas distintas unidades operativas do instituto en tarefas de coordinación e aliñamento de obxectivos e estratexias de actuación.

c) Participar e/ou supervisar as actuacións das comisións de valoración.

d) Finalmente, de xeito xeral, realizar calquera outra función relacionada coa área de traballo que lle sexa encomendada polos/as superiores no ámbito das súas competencias.

3.4. Área de Competitividade.

A misión da Área de Competitividade é lograr a adopción e o desenvolvemento, por parte do tecido empresarial, de prácticas, metodoloxías ou sistemas que melloren o nivel competitivo das empresas galegas.

Ademais, e con respecto ao emprendemento en Galicia, a Área de Competitividade ten como misión promover a creación de empresas, alentar o espírito emprendedor e promover a creación de emprego.

A mellora da competitividade vén mediada pola mellora produtiva do tecido empresarial e, para iso, a área ofrece servizos e axudas para:

a) Favorecer a modernización e a innovación tecnolóxica e organizativa das empresas galegas.

b) Fomentar a prestación de servizos de intelixencia de negocio ás empresas.

c) Desenvolver a relación entre os centros de investigación e as empresas.

d) Apoiar e promover os clústers.

e) Promover a divulgación dos instrumentos e fondos de que dispoñen as administracións públicas españolas e a Unión Europea para a mellora competitiva.

Para o desenvolvemento das súas funcións, a Área de Competitividade estrutúrase nas seguintes oficinas competitivas:

a) Oficina Competitiva igapeIP.

b) Oficina Competitiva igapeNOVA.

3.4.1. Oficina Competitiva igapeIP.

A Oficina Competitiva igapeIP fomentará os procesos de intelixencia produtiva (IP) nas empresas, o que se corresponde cunha actitude empresarial proclive a:

a) Aplicar sistemas de información de planificación da produción, intelixencia de negocio e intelixencia comercial.

b) Implantar metodoloxías de xestión e de reenxeñaría de procesos innovadoras.

c) Implantar sistemas de calidade total.

d) Implantar medidas de ecoeficiencia e certificacións ambientais.

e) Incorporar estruturas de innovación propias e de investimento en servizos de innovación da oferta, dos procesos, da tecnoloxía e/ou da estrutura organizativa.

IgapeIP ten como misión promover a adopción de medidas de intelixencia produtiva por parte do tecido empresarial galego, de xeito que este acade unha situación de maior competitividade para estar en disposición de competir nos mercados máis exixentes.

Así mesmo, o modelo de clustering é internacionalmente recoñecido como o modelo máis eficaz de desenvolvemento comunitario da competitividade empresarial, xa que hoxe é imposible competir nos mellores mercados sen coordinar os esforzos, as marxes e a creatividade dos diversos sectores que contribúen á definición e elaboración do produto final que se lle entrega ao consumidor.

Concibida como a rede de xestión de clústers e AEI (agrupación de empresas innovadoras segundo o Ministerio de Industria) de Galicia, igapeIP ten, así mesmo, por misión ampliar a capilaridade do Igape no seu afán de promover a competitividade entre as pemes galegas.

En Galicia existen numerosos instrumentos privados de promoción competitiva, baixo o nome de clúster, AEI (agrupación de empresas innovadoras) ou outros, que demandan un maior nivel de coordinación e unha importante simplificación da relación coa Administración. IgapeIP apoiarase nestes instrumentos externos para alcanzar os seguintes obxectivos:

a) Ampliar a súa capilaridade para promover a competitividade entre as pemes galegas.

b) Coordinar os esforzos das AEI na dirección de transformación permanente do tecido empresarial (innovación, competitividade, internacionalización).

c) Unificar as prácticas de xestión e o nivel de profesionalización dos xestores dos clústers e AEI.

d) Despregar con maior efectividade a política de intelixencia rexional que se poida deseñar, a través dun sistema de avaliación por obxectivos ligado á consecución de axudas e servizos para os clústers.

e) Sincronizar os esforzos e fluxos económico-financeiros involucrados na internacionalización das empresas galegas para facer investimentos efectivos e valiosos para o tecido empresarial.

3.4.1.1. Funcións de creación e establecemento.

a) Desenvolver e ofertar un catálogo propio de servizos de diagnóstico, apoio e mellora competitiva.

b) Crear un banco multidisciplinario de expertos cualificados en deseño e creatividade (deseño gráfico, deseño industrial, socioloxía, tecnoloxía, etc.).

c) Procurarlle as competencias necesarias ao equipo humano asignado co fin de avanzar na especialización temática da oficina e no acercamento ao empresario.

d) Establecer un baremo e unha carreira profesional para os/as xestores/as de clústers rexistrados.

e) Desenvolver un sistema de intelixencia de clústers que facilite a súa detección, estudo, desenvolvemento e consolidación.

f) Aplicar políticas de mellora da competitividade nos clústers.

g) Realizar a vixilancia e prospección de prácticas e políticas de clústers no ámbito internacional.

3.4.1.2. Funcións produtivas.

a) Promocionar a implantación de solucións de intelixencia produtiva, como sistemas de información específicos do ciclo produtivo (PLM ou Product Lifecycle Management, MRP ou Manufacturing Resources Planner, ERP ou Enterprise Resources Planner, etc).

b) Promocionar a implantación de solucións de intelixencia de negocio, como sistemas de información específicos da mellora comercial e produtiva (BI ou Business Intelligence, DW ou Data Warehousing, etc).

c) Promocionar a adopción de procesos xestionados con calidade total, co obxecto de acceder ás certificacións ISO 9000 ou ás que corresponda en cada sector.

d) Promocionar a implantación da norma ISO 14000 e normas de coidado ambiental similares.

e) Promocionar a renovación de instalacións para a mellora no consumo enerxético.

f) Promocionar o uso de equipamentos externos de apoio ao deseño e a creatividade.

g) Desenvolver programas de potenciación da confidencialidade e a protección da propiedade intelectual para dotar de confianza o proceso.

h) Promocionar a formación en deseño e creatividade nas empresas.

i) Promover a incorporación de responsables de innovación e coordinadores de innovación para as empresas.

j) Xestionar, tramitar, propoñer e resolver os expedientes administrativos que lle correspondan por razón de materia en función das competencias establecidas nas bases reguladoras dos diferentes programas do Igape.

k) Analizar as propostas de modificacións, prórrogas e proposta de resolución de incidencias que se presenten na tramitación dos expedientes.

l) Propoñer a resolución de recursos administrativos.

m) Propoñer os documentos contables ata a fase de compromiso dos gastos correspondentes aos programas xestionados (fase AD).

n) Elaborar informes de xestión, seguimento e valoración de resultados respecto do impacto das liñas de axudas xestionadas e o seu grao de eficiencia e eficacia respecto dos fins propostos.

o) Engadir as competencias necesarias ao equipo humano asignado co fin de avanzar na especialización temática da oficina e no acercamento ao empresario.

p) Promocionar a creación de novas AEI en Galicia.

q) Identificar e caracterizar clústers a través da aplicación de parámetros territoriais baseados na súa especialización industrial.

r) Promocionar axudas e servizos do Igape específicos para AEI e asociacións de todo tipo.

s) Axudar á confección de plans multisectoriais de negocio en competitividade e internacionalización de que se poidan nutrir as outras oficinas competitivas.

t) Establecer e negociar un plan de obxectivos de negocio e competitividade para cada AEI sobre o que fundamentar o nivel de apoio posterior á devandita AEI.

u) Revisar e seguir periodicamente o plan de obxectivos cos xerentes das AEI.

v) Promover e apoiar a cooperación entre os clústers, AEI e outros tipos de asociacións vinculadas á oficina.

w) Axudar á promoción das outras oficinas competitivas nos sectores que representa cada AEI.

3.4.1.3. Funcións rexenerativas.

a) Propoñer novas iniciativas que, tanto en materia de axudas como de prestación de servizos, e no ámbito de competencias asignadas ao Igape, amplíen ou melloren o marco de actividades que desenvolve o instituto, en función do seu coñecemento das necesidades e inquietudes dos distintos axentes económicos.

3.4.1.4. Funcións de apoio.

a) Coordinar esforzos e políticas coa Dirección Xeral de I+D+i para un desenvolvemento razoable das políticas de promoción da innovación.

b) Coordinar esforzos promocionais con Galicia Calidade e a Axencia de Calidade.

c) Coordinar, supervisar e controlar o desenvolvemento das actividades encargadas ao Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A.

d) Potenciar e xestionar programas de apoio doutras administracións e institucións públicas que melloren a capacidade operativa das empresas galegas en materias do seu ámbito competencial.

e) Colaborar coas distintas unidades operativas do instituto en tarefas de coordinación e aliñamento de obxectivos e estratexias de actuación.

f) Participar e/ou supervisar as actuacións das comisións de valoración.

g) Colaborar co igapeX no deseño e execución da promoción da internacionalización no tocante ás AEI e outras asociacións.

h) Colaborar co igapeX na selección de mercados de destino e no desenvolvemento sincrónico de novas oficinas das AEI no estranxeiro.

i) Finalmente, de xeito xeral, realizar calquera outra función relacionada coa área de traballo que lle sexa encomendada polos/as superiores no ámbito das súas competencias.

3.4.2. Oficina Competitiva igapeNOVA.

A misión da oficina igapeNOVA é fomentar o espírito empresarial na nosa comunidade, proporcionando actividades e servizos que melloren a creación e consolidación de novas empresas.

IgapeNOVA desenvolverá a súa misión a través de estratexias de dinamización e servizo:

a) Dinamizar a economía contribuíndo á creación de novas empresas e á expansión e modernización das existentes.

b) Proporcionar servizos e ferramentas esenciais para emprendedores/as e empresas (motivación, formación, diagnose de proxectos, asesoramento de expertos/as, infraestruturas etc).

c) Propiciar as relacións entre o sector empresarial e o resto dos actores económicos (institucións de financiamento, autoridades rexionais, universidades, organizacións empresariais etc.).

3.4.2.1. Funcións de creación e establecemento.

a) Procurar as competencias necesarias ao equipo humano asignado co fin de avanzar na especialización temática da oficina e no acercamento ao empresario.

3.4.2.2. Funcións produtivas.

a) Realizar a coordinación, promoción e control das actividades do BIC Galicia.

b) Promover e ofrecer servizos de formación especializada para a creación, a xestión e o crecemento empresarial.

c) Deseñar e desenvolver servizos de información especializada ao/á emprendedor/a e á nova empresa, a través de recursos tales como manuais, guías, fichas temáticas, webs, etc.

d) Promover e ofrecer servizos de asesoramento para a creación e xestión de empresas, ben directamente ou a través de expertos/as externos/as ou redes, como a recente de coaching e mentores.

e) Promover e ofrecer outros servizos de fomento da consolidación e crecemento empresarial.

f) Xestionar, tramitar, propoñer e resolver os expedientes administrativos que lle correspondan por razón de materia, en función das competencias establecidas nas bases reguladoras dos diferentes programas do Igape.

g) Analizar as propostas de modificacións, prórrogas e proposta de resolución de incidencias que se presenten na tramitación dos expedientes.

h) Propoñer a resolución de recursos administrativos.

i) Propoñer os documentos contables ata a fase de compromiso dos gastos correspondentes aos programas xestionados (fase AD).

j) Elaborar informes de xestión, seguimento e valoración de resultados respecto do impacto das liñas de axudas xestionadas e o seu grao de eficiencia e eficacia respecto dos fins propostos.

k) Engadir as competencias necesarias ao equipo humano asignado co fin de avanzar na especialización temática da oficina e no acercamento ao empresario.

3.4.2.3. Funcións rexenerativas.

a) Propoñer novas iniciativas que, tanto en materia de axudas como de prestación de servizos, e no ámbito de competencias asignadas ao Igape, amplíen ou melloren o marco de actividades que desenvolve o instituto, en función do seu coñecemento das necesidades e inquietudes dos distintos axentes económicos.

3.4.2.4. Funcións de apoio.

a) Potenciar e xestionar programas de apoio doutras administracións e institucións públicas que melloren a capacidade operativa das empresas galegas en materias do seu ámbito competencial.

b) Colaborar coas distintas unidades operativas do instituto en tarefas de coordinación e aliñamento de obxectivos e estratexias de actuación.

c) Participar e/ou supervisar as actuacións das comisións de valoración.

d) Finalmente, de xeito xeral, realizar calquera outra función relacionada coa área de traballo que lle sexa encomendada polos/as superiores no ámbito das súas competencias.

3.5. Área de Internacionalización Galicia@world.

Galicia@world é a marca baixo a cal se agrupan as iniciativas internacionais do Igape, consistentes no apoio á internacionalización de alta competitividade do empresariado galego e a procura proactiva de investimento produtivo exterior en Galicia.

A Área Galicia@world ten, polo tanto, dúas misións: promover un incremento da cota de mercado internacional do empresariado galego e promover a entrada de investimento foráneo en Galicia de carácter produtivo, de cara a unha mellora do índice de emprego na nosa comunidade autónoma.

Unha novidade importante que introduce esta área é a Rede de Plataformas Empresariais no Exterior, que persegue incrementar a presenza empresarial galega no estranxeiro de acordo coa estratexia de colaboración interempresarial no esforzo internacionalizador.

Para o desenvolvemento das súas funcións, a Área Galicia@world estrutúrase nas seguintes oficinas de internacionalización:

a) Oficina de Internacionalización igapeX.

b) Oficina de Atracción de Investimentos galiciaINVEST.

c) Unidade de Programas de Internacionalización.

3.5.1. Oficina de Internacionalización igapeX.

A Oficina de Internacionalización igapeX ten por misión promover un incremento da cota de mercado internacional do empresariado galego.

Hoxe non é posible competir nos mellores mercados sen un alto grao de intelixencia produtiva e un tamaño mínimo. Por iso, a oficina igapeX, máis que nunca, ten que demostrar un alto grao de integración coas oficinas igapeIP , que alentan a mellora competitiva e a agregación produtiva do tecido empresarial galego.

A oficina igapeX terá representación con presenza física nun número importante de cidades de destino nos mercados máis interesantes en cada momento para o empresariado galego. A representación constitúese mediante a existencia dunha Rede de Plataformas Empresariais.

3.5.1.1. Funcións de creación e establecemento.

a) Crear a Rede de Plataformas Empresariais no Exterior, en cumprimento do Plan de Acción do Igape 2010.

b) Crear un plan de cooperación con ADR internacionais.

c) Procurar as competencias necesarias ao equipo humano asignado co fin de avanzar na especialización temática da oficina e no acercamento ao empresario.

3.5.1.2. Funcións produtivas.

a) Apoiar a creación de consorcios de exportación, tanto entre empresas radicadas en Galicia como con outras radicadas no exterior.

b) Realizar un seguimento continuado da actualidade económica referente a proxectos de expansión internacional.

c) Colaborar con ADR internacionais.

d) Colaborar con organismos financeiros multilaterais.

e) Procurar a formación e capacitación especializada dos cadros directivos, mandos intermedios e técnicos/as das empresas.

f) Procurar o compromiso activo dos sectores empresariais nos procesos de internacionalización.

g) Afondar na relación coa Galicia empresarial na diáspora.

h) Propoñer e desenvolver toda clase de actividades encamiñadas a fomentar e apoiar a internacionalización da peme galega.

i) Apoiar a busca de oportunidades de negocio para a empresa galega.

j) Impulsar, coordinar e organizar unha rede de axentes colaboradores do Igape para o fomento da expansión exterior da empresa galega.

k) Impulsar e coordinar o mantemento dunha base de datos de axentes comerciais libres por sectores e países.

l) Impulsar e coordinar unha rede de cooperación entre pemes galegas e internacionais.

m) Crear, coordinar e planificar un servizo de asesoramento técnico en temas de internacionalización: financiamento, seguros á exportación, loxística, lexislación etc.

n) Impulsar e coordinar o mantemento dunha base de provedores de servizos consultivos, fiscais, xurídicos, etc. de valor para a entrada rápida do empresario/a no mercado.

o) Organizar a creación e/ou divulgación no exterior da oferta exportadora de Galicia.

p) Organizar e coordinar un servizo de información ao empresariado galego de oportunidades comerciais no exterior.

q) Procurar a formación especializada dos/as mozos/as galegos no eido da internacionalización empresarial nas súas diferentes facetas.

r) Prestar apoio loxístico e soporte físico ás empresas galegas para a negociación e subscrición de acordos empresariais.

s) Xestionar, tramitar, propoñer e resolver os expedientes administrativos que lle correspondan por razón de materia, en función das competencias establecidas nas bases reguladoras dos diferentes programas do Igape.

t) Analizar as propostas de modificacións, prórrogas e proposta de resolución de incidencias que se presenten na tramitación dos expedientes.

u) Propoñer a resolución de recursos administrativos.

v) Propoñer os documentos contables ata a fase de compromiso dos gastos correspondentes aos programas xestionados (fase AD).

w) Elaborar informes de xestión, seguimento e valoración de resultados respecto do impacto das liñas de axudas xestionadas e o seu grao de eficiencia e eficacia respecto dos fins propostos.

x) Engadir as competencias necesarias ao equipo humano asignado co fin de avanzar na especialización temática da oficina e no acercamento ao empresario.

3.5.1.3. Funcións rexenerativas.

a) Propoñer novas iniciativas que, tanto en materia de axudas como de prestación de servizos, e no ámbito de competencias asignadas ao Igape, amplíen ou melloren o marco de actividades que desenvolve o instituto, en función do seu coñecemento das necesidades e inquietudes dos distintos axentes económicos.

3.5.1.4. Funcións de apoio.

a) Potenciar e xestionar programas de apoio doutras administracións e institucións públicas que poidan axudar á implantación de investimento produtivo no territorio galego.

b) Colaborar coas distintas unidades operativas do instituto en tarefas de coordinación e aliñamento de obxectivos e estratexias de actuación.

c) Participar e/ou supervisar as actuacións das comisións de valoración.

d) Finalmente, de xeito xeral, realizar calquera outra función relacionada coa área de traballo que lle sexa encomendada polos/as superiores no ámbito das súas competencias.

3.5.2. Oficina de Atracción de Investimentos galiciaINVEST.

O Igape prioriza a captación de investimento produtivo a través da creación da Oficina Competitiva galiciaINVEST, que ten como obxectivos:

a) Desenvolver a visión de país que queremos trasladar ao estranxeiro, isto é, a proposta de valor que Galicia supón para as empresas interesadas en investir na comunidade autónoma.

b) Canalizar todas as oportunidades detectadas para atraer investimento externo produtivo.

3.5.2.1. Funcións de creación e establecemento.

a) Procurar as competencias necesarias ao equipo humano asignado co fin de avanzar na especialización temática da oficina e no acercamento ao empresario.

3.5.2.2. Funcións produtivas.

a) Promocionar nos mercados exteriores a marca- país (galicia@world).

b) Presentar e divulgar fóra de Galicia as oportunidades de investir en Galicia.

c) Procurar novos proxectos de investimento en Galicia desde o exterior.

d) Promocionar e divulgar nacional e internacionalmente todos os instrumentos postos á disposición dos empresarios/as españois/las e estranxeiros/as para a localización de proxectos empresariais en Galicia.

e) Acompañar en Galicia os/as empresarios/as estranxeiros/as que estean analizando localizar un proxecto de investimento en Galicia.

f) Obter e facilitar a información demandada polos/as empresarios/as estranxeiros/a que sexa necesaria para decidir a súa localización en Galicia.

g) Impulsar, coordinar e supervisar a actividade de axentes colaboradores para a captación de proxectos de investimento en Galicia.

h) Promover o deseño e seguimento de estudos que sobre materia económica teñan un interese estratéxico en materia de captación de investimentos.

i) Finalmente, de xeito xeral, realizar calquera outra función relacionada coa área de traballo que lle sexa encomendada polos/as superiores no ámbito das súas competencias.

3.5.2.3. Funcións rexenerativas.

a) Propoñer novas iniciativas que, tanto en materia de axudas como de prestación de servizos, e no ámbito de competencias asignadas ao Igape, amplíen ou melloren o marco de actividades que desenvolve o instituto, en función do seu coñecemento das necesidades e inquietudes dos distintos axentes económicos.

3.5.2.4. Funcións de apoio.

a) Potenciar e xestionar programas de apoio doutras administracións e institucións públicas que poidan axudar á implantación de investimento produtivo no territorio galego.

b) Colaborar coas distintas unidades operativas do instituto en tarefas de coordinación e aliñamento de obxectivos e estratexias de actuación.

c) Finalmente, de xeito xeral, realizar calquera outra función relacionada coa área de traballo que lle sexa encomendada polos/as superiores no ámbito das súas competencias.

3.5.3. Unidade de Programas de Internacionalización.

O obxectivo desta unidade é a de levar a cabo o deseño e programación de todas as iniciativas que permitan a potenciación da internacionalización do tecido empresarial galego.

Como principais funcións desenvolverá as seguintes:

a) Promover, deseñar e programar actividades transversais que permitan compatibilizar a devandita internacionalización coa potencialidade do territorio galego para a captación de investimentos.

b) Coordinar as súas actividades con organismos multilaterais, organismos de promoción de natureza igual ou semellante ao Igape no estranxeiro, gobernos nacionais ou subnacionais, cos cales o Igape chegue a acordos e outras actividades de natureza afín.

c) Potenciar a posta en marcha de convenios de colaboración con entidades, organismos e institucións que lle permitan ao Igape crear unha rede de alianzas para contribuír a darlle un gran pulo á internacionalización.

3.6. Área de Desenvolvemento Territorial.

A Área de Desenvolvemento Territorial destaca por ser unha área con un impacto directo sobre a dinamización e desenvolvemento do territorio, o que fai que a súa misión consista no deseño e impulso dos plans de desenvolvemento territoriais das provincias de Lugo e Ourense, así como doutros futuros plans, asumindo un labor fundamental, facendo partícipes a todas as institucións e entidades da administración involucradas neles e asumindo a misión de aglutinadora das demandas, ideas, etc. que redunden positivamente nas áreas territoriais de actuación, dentro das súas competencias.

A seguir descríbense as funcións da área:

a) Garantir e asegurar a creación e consolidación da propia Área de Desenvolvemento Territorial ao ser unha área de nova creación.

b) Levar a cabo o deseño dos plans en común, coas entidades de colaboración que asuman a redacción destes.

c) Recibir, analizar e consensuar para, posteriormente, reflectir en actuacións ou plans definidos as demandas ou propostas realizadas polas distintas administracións implicadas.

d) Asegurar a implantación e posta en marcha das accións identificadas e definidas para a mellora do territorio e a súa vertebración.

e) Colaborar con outras áreas do Igape para conseguir os obxectivos establecidos no plan.

f) Asegurar que os plans de desenvolvemento teñan un compoñente financeiro pero tamén non financeiro e de dinamización.

g) Implicar e facer partícipes as diferentes consellerías susceptibles de implicarse na execución ou colaboracion das accións establecidas e nos plans definidos.

h) Promover o deseño e seguimento de estudos en materia de desenvolvemento territorial e dinamización do territorio que permitan obter información de interese para axudar a definir e deseñar os diferentes plans.

i) Realizar o seguimento dos indicadores establecidos nos plans.

j) Potenciar o apoio doutras administracións e institucións públicas que poidan colaborar na implantación de investimento produtivo no territorio galego, especialmente a Oficina Competitiva galiciaINVEST.

k) Colaborar coas distintas unidades operativas do instituto en tarefas de coordinación e aliñamento de obxectivos e estratexias de actuación.

l) Propoñer novas iniciativas que, tanto en materia de axudas como de prestación de servizos, e no ámbito de competencias asignadas ao Igape, amplíen ou melloren o marco de actividades que desenvolve o instituto, en función do seu coñecemento das necesidades e inquietudes dos distintos axentes económicos.

m) Procurar as competencias necesarias ao equipo humano asignado co fin de avanzar na especialización temática da área.

n) Colaborar na elaboración e realizar o control da xestión orzamentaria, propoñendo os axustes orzamentarios que resulten necesarios para garantir unha xestión.

o) Colaborar na elaboración e realizar o control da xestión orzamentaria, propoñendo os axustes orzamentarios que resulten necesarios para garantir a correcta xestión do orzamento da área.

p) Finalmente, de xeito xeral, realizar calquera outra función relacionada coa área de traballo que lle sexa encomendada polos/as superiores no ámbito das súas competencias.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2011.

Joaquín Varela de Limia de Cominges

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica