DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 19 de abril de 2011 Páx. 6.898

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 1 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a produción de curtametraxes en versión orixinal en lingua galega, así como de videoclips, e se convocan para o ano 2011 (Diario Oficial de Galicia número 63, do 30 de marzo).

Advertido erro na citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 63, do mércores, 30 de marzo de 2011, cómpre realizar as seguintes correccións:

-Na páxina 5.539, no artigo 2º.-Financiamento e concorrencia, onde di: «1. Para a concesión das subvencións destinarase un crédito global de 115.000 euros correspondente á aplicación 11.A1.432B.770.0 do orzamento da Agadic para o ano 2011 e 80.500 euros da aplicación correspondente do orzamento do ano 2012», debe dicir: «1. Para a concesión das subvencións destinarase un crédito global de 115.000 euros, dos cales 34.500 corresponden á aplicación 11.A1.432B.770.0 do orzamento da Agadic do ano 2011 e 80.500 euros da aplicación correspondente do orzamento do ano 2012».