DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 19 de abril de 2011 Páx. 6.894

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 10/2011, do 28 de xaneiro, polo que se declara de utilidade pública a erradicación do organismo de corentena do nematodo do piñeiro Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al., e se ordenan as medidas para evitar a súa propagación.

Advertidos erros no Decreto 10/2011, do 28 de xaneiro, polo que se declara de utilidade pública a erradicación do organismo de corentena do nematodo do piñeiro Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al., e se ordenan as medidas para evitar a súa propagación, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 24, do 4 de febreiro de 2011, é necesario facer as seguintes correccións:

1. Na páxina 2.003, no parágrafo 9º, onde di: «o Regulamento (CE) 1857/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006, sobre a aplicación dos artigos 87º e 88º do Tratado ás axudas estatais para pequenas e medianas empresas dedicadas á produción de produtos agrícolas, e polo que se modifica o Regulamento (CE) 70/2001, ofrece no seu artigo 10º a posibilidade de indemnizar os agricultores afectados por enfermidades das plantas cando estas fosen causadas por unha praga declarada oficialmente e de erradicación obligatoria», debe dicir: «A Comunicación da Comisión 2006/C 319/01 de directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario e forestal 2007-2013, ofrece no seu punto VII.C (175) c) a posibilidade de indemnizar os agricultores para a prevención, erradicación e tratamento de pragas así como os danos causados por pragas e enfermidades das árbores, podendo concederse axuda para compensar a perda destes».

2. Na páxina 2.008 onde di: «Disposición adicional. Única.», debe dicir: «Disposición adicional primeira.».

3. Na páxina 2.008 no punto de Disposición adicional, engádese: «Disposición adicional segunda.

O pagamento das axudas reguladas neste decreto quedará condicionado á decisión positiva da Comisión Europea sobre compatibilidade destas co mercado común, de acordo co establecido no artigo 108º.3 do Tratado de funcionamento da Unión Europea. A devandita condición deberá figurar nas resolucións de concesión da axuda no caso de que non se tivese acadado tal compatibilidade na data da súa sinatura».