O artigo 2º da Orde do 22 de decembro de 2005, que desenvolve o artigo 23.5º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia canto á anulación e baixa en contabilidade de determinadas débedas, prevé a anulación e baixa en contabilidade de todas aquelas liquidacións que se encontren en período executivo e das cales resulte unha débeda pendente de recadar inferior a tres euros.
En virtude do exposto, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e a Dirección Xeral de Tributos teñen a ben establecer o seguinte:
Disposición única.-Anulación e baixa en contabilidade de todas aquelas liquidacións que se encontren en período executivo das cales resulte una débeda pendente de recadar por importe inferior a tres euros.
Primeiro.-Anularanse e daranse de baixa en contabilidade todas aquelas liquidacións practicadas pola Consellería de Facenda das cales resulte unha débeda pendente en período executivo por importe inferior a tres euros. Para tal efecto, o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC) desenvolverá a aplicación informática que permita a baixa en conta das referidas liquidacións.
Segundo.-Anularanse e daranse de baixa en contabilidade todas aquelas liquidacións practicadas polos órganos da Administración da Xunta de Galicia, dos seus organismos autónomos e entes públicos, cuxa competencia de recadación en período executivo teñan asumido os órganos de recadación da Consellería de Facenda e das cales resulte una débeda pendente de recadar en período executivo inferior a tres euros. O Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC) executará a aplicación informática que permite a baixa en conta das referidas liquidacións.
Como resultado do proceso anterior, as delegacións territoriais da Consellería de Facenda obterán do CIXTEC e remitirán ao respectivo órgano que practicou a xestión unha relación das que fosen anuladas de acordo cos criterios establecidos.
Disposición transitoria
As actuacións previstas nesta resolución efectuaranse en relación coas liquidacións das cales resulte unha débeda pendente de recadar en período executivo inferior a tres euros o 31 de decembro de 2010.
Disposición derradeira
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 6 de abril de 2011.
Elena Muñoz Fonteriz Carlos Rodríguez Sánchez
Interventora xeral da Director xeral
comunidade autónoma de Tributos