DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 18 de abril de 2011 Páx. 6.815

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 7 de abril de 2011 pola que se modifica a Orde do 26 de xaneiro de 2006 pola que se regulan os carnés de acreditación da inspección en materia agroalimentaria.

Mediante orde da Consellería do Medio Rural do 26 de xaneiro de 2006 reguláronse os carnés de acreditación da inspección en materia agroalimentaria.

Coa publicación da Orde do 18 de febreiro de 2009 pola que se modifica a anterior, creouse un novo modelo de carné para o persoal ao servizo do Instituto Galego de Calidade Alimentaria.

Desde a publicación destas ordes modificouse a denominación dalgún dos departamentos da Consellaría do Medio Rural, polo tanto, os modelos de carnés que foron creados no seu momento para determinadas inspeccións deben ser actualizados en consecuencia.

Con esta orde preténdense modificar as referencias ás distintas unidades da consellería, de forma que calquera modificación da estrutura orgánica non implique a modificación dos carnés senón a súa forma de edición.

En virtude do exposto, de conformidade co artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

O obxecto desta orde é a modificación da Orde do 26 de xaneiro de 2006 pola que se regulan os carnés de acreditación da inspección en materia agroalimentaria.

Artigo 2º.-Modificación da Orde do 26 de xaneiro de 2006 pola que se regulan os carnés de acreditación da inspección en materia agroalimentaria.

Primeira.-Modifícase o parágrafo 2 do artigo 3º que queda redactado como segue:

«O formato e o contido dos carnés para o persoal inspector en materia de defensa contra fraudes e calidade alimentaria, de control da calidade de producións gandeiras, de sanidade e produción animal e de sanidade e produción vexetal serán, respectivamente, os recollidos nos anexos I, I bis, I ter, II, III, IV, V e VI desta orde.

Segunda.-Substitúense os modelos de carnés de inspectores que figuran nos anexos I, I bis, II, III, IV, V e VI da Orde do 26 de xaneiro de 2006, pola que se regulan os carnés de acreditación da inspección en materia agroalimentaria, modificada pola Orde do 18 de febreiro de 2009, polos modelos dos anexos I, I bis, I ter, II, III, IV, V e VI, que constan como anexos desta orde».

Disposición transitoria

No prazo de seis meses seguintes á entrada en vigor desta orde, procederase á substitución dos carnés expedidos con anterioridade por outros que se axusten aos novos modelos.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2011.

Samuel Jesús Juárez Casado

Conselleiro do Medio Rural

Ver referencia pdf "07600D001P007.PDF"

Ver referencia pdf "07600D002P009.PDF"