DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Venres, 15 de abril de 2011 Páx. 6.748

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2011 que modifica a Resolución do 9 de febreiro de 2009 pola que se modifican e se crean ficheiros de carácter persoal.

A Resolución do 2 de febreiro de 2011 modificaba a Resolución do 9 de febreiro de 2009 pola que se modificaban e se creaban ficheiros de carácter persoal. Na modificación do ficheiro de televisión omitiuse o número de ficheiro de usuario, polo que procede realizar a seguinte modificación:

Páxina 5.272:

Ficheiro televisión:

Onde di:

«Responsable do ficheiro: Vicerreitoría de Novas Tecnoloxías e Calidade. Campus Universitario s/n, 36310 Vigo, Pontevedra».

Debe dicir:

«Ficheiro televisión (2092260971).

Responsable do ficheiro: Vicerreitoría de Economía e Planificación. Campus Universitario s/n, 36310 Vigo, Pontevedra».

Vigo, 25 de marzo de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia

Reitor da Universidade de Vigo